Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Este vaise e aquel vaise...

miércoles, 14 de noviembre de 2012
Rosalía fixo poética e exacta crónica dunha situación de pobreza na Galicia do seu tempo que abocaba á saída do país de persoas na percura dun mundo novo, dun sustento mínimo, dunha vida mellor. Pero, con lucidez plena, concluía “Galicia, sen homes quedas que te poidan traballar”.

Pasan os séculos, veñen e van modernidades, pero os problemas de fondo siguen subsistindo, e na actualidade tamén se conxuga o verbo “ir” en tempo presente, e os mozos galegos tamén teñen que irse porque as circunstancias económicas e sociais os obrigan.

Claro que aquela emigración doutrora procedía dos estratos máis humildes da sociedade, os peor dotados, os menos formados culturalmente, os máis necesitados en suma dunha redención que só podía conseguirse indo a traballar nunha terra diferente.

Na actualidade, a crise obriga á emigración de mozos nun volume que pode ser de cen diarios, totalizando preto de catrocentos mil no que vai de século.

E se se ten falado do “espírito aventureiro” dos galegos para xustificar políticamente a vella emigración, sempre foron á aventura os nosos paisanos, e seguen a ir, que aventura é a vida e máis se hai que loitar por ela en terra diferente.

Máis preparados van os nosos mozos de hogano, o que tamén quere significar que o custo da formación destes rapaces, a cargo da nosa sociedade vai redundar en beneficio doutros países que poidan proporcionarlles traballo axeitado, acorde coa súa preparación.

E se a emigración doutrora, por prolongada, afincou definitivamente nos paises de acollida, nacendo na emigración os membros das seguintes xeneracións, os que agora emigran, titulados superiores e con idades de entre vintecinco e trinta e cinco anos, formarán familia fóra de Galicia e vai ser problemático que volvan vivir entre nós.

Galicia segue a ser exportadora de man de obra – agora máis cualificada- para zonas máis desenvolvidas do Estado, ou para o estranxeiro. Galicia segue quedando, como nos tempos de Rosalía, sen homes (e mulleres), que a poidan traballar axeitadamente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania