Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Angustias

martes, 13 de noviembre de 2012
As angustias que sinten os demais deben provocar en nós alomenos un punto de atención para ver se sintonizamos co que “os outros” sinten, e segundo sexa o noso sentimento pasar de largo ou deternos a pensar e
solidarizarnos.

Estes días entendemos a existencia de dous tipos de angustias ben diferentes. Que ningunha pode deixarnos indiferentes aínda que os sentimentos que provoquen sexan moi distintos.

Angustia imposible de comprender na súa exacta dimensión para os non afectados é a que senten, teñen que sentir, os que perden a súa vivenda porque non poden seguir pagando a hipoteca correspondente. E angustia comprensible tamén os que, implicados en procesos xudiciais pola súa presunta responsabilidade no saqueo das outrora tan poderosas e fortes entidades de aforro, sofren de xeito impensado.

E así como a angustia dos que perden a súa vivenda, moitas veces a medio pagar xa, é tan tremenda que pode abocalos ao suicidio, e provoca a nosa sintonía e a nosa dor, esa outra angustia dos que nunca pensaron verse cuestionados no seu proceder déixanos a un paso da impasibilidade.

A ese primeiro tipo de angustia, a dos que sofren ou poden sufrir perda irreparable do marco físico da súa vida, teñen que ser sensibles as institucións e as autoridades, e tentar poñer remedio a unha situación dramática que só pode producir traxedias.

Que o PP e o PSOE, como primeiros partidos políticos da vida nacional, intenten poñerse de acordo para unha solución alomenos provisional do problema dos angustiados propietarios de vivendas en trance de deixar de selo, está ben. e estará mellor se é un primeiro paso camiño dun entendimento que precisamos con urxencia para abordar os problemas máis importante da actualidade nacional.

E, esquecéndonos do segundo tipo de angustia, relegado ao plano persoal dos afectados, entendamos a atención á primeira delas, e á súa posible solución temporal, como unha primeira medida nun problema polo de agora infinito. Porque resolver os desahucios é unha solución temporal. A solución definitiva para este problema sería que os afectados tivesen un posto de traballo, e co froito do seu esforzo, puidesen atender todas as súas obrigas, entrelas a de levar unha vida digna. Mentras tanto, non deixará de haber angustia que afecta de xeito grave a cada vez maior número de persoas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania