Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xesús Mato: cando un mozo fai 80 anos

miércoles, 14 de noviembre de 2012
Cando un home pensa non envellece, porque a súa realidade é súa, e sempre é quen de cambiala. Entón só existe o “podo e quero”, e un procura mans amigas para inxectar esperanza no río colectivo fronte ao mar tempestuoso deses agoireiros tan lidos e entendidos –como diría Manuel María- que definen matematicamente as catástrofes sociais. Pero velaí que a matemática falla cando o home lle pon vontade á vida, é dicir, cando aproveita a noite para soñar e o día para construír o que soña.

Xesús Mato, o noso Mato, é un mozo de 80 anos, resistente, innovador, utópico, rebelde, teimudo e soñador que segue dando todo e máis para facer un mundo mellor. Cando se fala de Mato, hai que falar dun mozo de palabras e de feitos. Coas palabras, Mato é o alento dun pobo que necesita soñar para loitar e acadar a súa liberdade. Cos feitos, sementa benestar por todos os camiños polos que transita.

Os que o coñecemos e temos a sorte de telo como amigo, sabemos da súa extrema xenerosidade e da súa teimosía a prol da xustiza social. Para Mato a resignación non existe; porque quen soña sabe como se fai unha saída, e desistir vólvese unha idea absurda que a razón non comprende. Por iso, este é un mozo que constrúe a vida, incluíndo no seu proxecto aos máis febles, axudándolles a soñar e facer a súa propia saída. Mato non predica o evanxeo, constrúeo día a día materializando a Xesús en cada mellora a forza de loita conseguida.

Velaí un mozo de 80 anos con soños firmes, xustos e decididos que cumprir. O amigo, o compañeiro, a referencia que sabe como sementar as posibilidades dun mundo mellor. Capitán da travesía ao benestar sempre disposto a cambiar a realidade. Quen quere ir con el? Só hai que soñar e facer o que se soña.

Querido Mato: parabéns ao entrar no ano 80 da túa mocidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES