Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rexeneración sociopolítica

lunes, 12 de noviembre de 2012
Os problemas cotiáns non nos deixan ver o principal que nos aqueixa. Ben é verdade que a crisis económica precisa que a ela lle dediquemos o cen por cen da nosa atención, e os maiores esforzos e toda a intelixencia da nosa clase gobernante. Complicado este tema co nacionalismo emerxente en Cataluña, e conseguintemente en Euskadi, que nunca deixaron de manifestar en todos os ámbitos as súas diferencias, especialmente económicas, xa que posiblemente se falamos da crise falamos dos problemas nestas dúas comunidades, e se o tema económico non se manifestara de xeito tan agudo non se tería planteada esta loita soberanista que non leva traza de poderse apaciguar.

E sen embargo non son estes o problema principal, con ser problemas principais aos que temos que dar solución para evitar o colapso social que se anuncia con eses case seis millóns de parados no Estado español.

E sen embargo o principal problema no que estamos inmersos é a desilusión, o desencanto. Faltos da ilusión e da necesidade de triunfo, de loita, de progreso, de avance que notamos hai trinta e sete anos, cando todo comezaba, e cando comezamos a saber camiñar en paz sen tutelas degradantes. Pero despois de recorrer tan longo camiño, de convertirnos en aparentes adalides das liberdades e dos dereitos sociais aquí estamos tantos anos despois dubidando da constitución, da monarquía, das autonomías, e de todo o que nos mantén xuntos nesta balsa de pedra (Saramago dixit) á que lle falta moi pouco por botarse a navegar nos mares máis procelosos.

Poden os políticos discutir sobre o sexo dos anxos ou a pertinencia de crear granxas de musarañas. Mentras non aborden os problemas que nos aqueixan – o problema do desencanto pola política, polos políticos, polo recente pasado e polo futuro- non temos nada que facer. E eles, menos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES