Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O xastre e as contas da leiteira

lunes, 12 de noviembre de 2012
O analizar o discurso político-económico do Presidente do Goberno e dos seus Ministros de Economía e Facenda, no tempo que levan desempeñando o cargo, da moito que pensar.

Semella estar nun pais imaxinario, no que un xastre toma medidas cun metro elástico, este é o caso do Sr. Rajoy, “que siempre está a tomar medidas”, e vese que non son efectivas, debe de ser que como está utilizar continuamente xenéricos, nos “habla de las cosas y de los asuntos”, a ver se vai a ser que unha vez tomadas, non as aplica o tema concreto o que estaban destinadas. Ou vai a ser que confunde o diagnóstico, tal como insistía hai uns días que o “problema de España es coyuntural”, e a ver se vai a ser que é estrutural.

Así que se confunde o diagnóstico, de nada serven os pronósticos, e menos efectivas aínda son as terapias aplicadas.

Será que non somos tan ricos como nos queren facer ver, e non podemos ter tres veces mais políticos que Alemaña, por compararnos cun país rico, no que os sindicatos viven das cuotas dos seus afiliados, non da subvención do Estado, e non podemos soster o elevado número de concellos ou deputacións, un senado que polo que se ve, está baleiro de contido, e un congreso que non precisa de tantos membros. Seguir co despilfarro das autonomías e as prebendas de tanto cargo político, coche oficial, viaxes gratis en primeira clase, teléfono e tarxeta visa. Beneficios tributarios, como é o caso de deputados e senadores e privilexios a hora da xubilación.

A ver se o problema vai ser que é estrutural e o Presidente do Goberno aínda non se deu conta, e por iso as súas medidas son tan ineficaces, tales coma recortes e mais recortes, incremento dos impostos directos e indirectos, que ten totalmente asfixiado o consumo.

Neste momento o Sr. Rajoy elle difícil saír a rúa para ver cos seus propios ollos o nivel de pobreza que se está a percibir, dado que a súa aceptación social está en caída libre, e a xente vaille a dicir de todo menos guapo, o seu crédito político está a altura do de Zapatero.

Dado que ten una lexión de asesores, que os invite a que vaian as Cociñas Económicas, os Comedores de Cáritas ou o Banco de Alimentos e que perciban a realidade, e o mais grave é que a tendencia indica que isto vai a peor.

O Sr. De Guindos e o Sr. Montoro, danos a impresión que andan a voltas cas contas da leiteira, teñen unhas previsións que non se cumpren, ou mesmo as súas certezas en canto a crecemento, en principio están moi distantes dos diferentes estudos económicos, o mais grave é que Europa xa empeza a dubidar e non crernos, e menos confiar, e eles son os que teñen a chave para emprestarnos o diñeiro que precisamos, para ao menos ter o día os gastos correntes.

Ao Sr. Montoro, hai que recordalle que cando estaba na oposición, falaba con frecuencia da curva de Laffer, esa que di que na medida que se incremente a presión fiscal, ao sobrepasar o punto óptimo, a recadación decrece na mesma forza coa que se impulsa.

Sr. Montoro esto é o que lle está a pasar, siga coa presión fiscal e verá como cada vez vai a recadar menos, paralizar o consumo e levar a pobreza a mais xente.

Menos xastres con metros elásticos, menos contas da leiteira e menos discursos que se semellan moito os tan desafortunados “brotes verdes” da lexislatura de Zapatero, que empezan a pronunciar de forma sutil varios membros do actual goberno. Neste momento, indicadores anticipados fiables, que marquen un cambio de tendencia a mellor, nada de nada.

Seguimos en recesión, e coas medidas tomadas e as que se aveciñan, isto vai para tempo.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES