Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A velas vir

lunes, 18 de abril de 2005
A celebración de eleccións no País Basco é un acontecemento relevante non só para aquel territorio autónomo senón para todo o Estado español, e naturalmente para Galicia.

Sempre se considera que uns comicios, sexan xerais, autonómicos ou municipais son unha excelente pedra de toque para o que poida ocorrer no inmediato futuro, e síntoma dos posibles resultados nas eleccións inmediatas, polo que estes da autonomía máis "problemática" de España poden resultar clarificadores do pensamento colectivo, e polo tanto de como pode reaccionar o electorado en próximas consultas.

O certo é que en toda España houbo bastante máis expectación sobre o que pasaba este domingo en Euskalerría que nos preparativos desa outra elección "Urbi et orbe" do Papa dos cristiáns.

E o certo é tamén que, como moitas veces pasa, o resultado electoral máis que solucionar unha situación que precisaba clarificación política veu facela máis complicada e polo tanto necesitada de maior flexibilidade política, diálogo e negociación.

Como sempre, todos gañaron anque perdesen: O Pnv, porque segue a ser a primeira forza política; o Psoe, porque incrementa sustancialmente (un 40%) a súa representatividade, o PP porque aínda que pasa de segunda a terceira forza non sofre un descalabro, e esa nova forza política de nome difícil, porque pasa do cero ó infinito... e con todos eles a incertidume está servida, porque o PNV ou precisa dos cercanos a Batasuna para gobernar ou vai ter que botar man do Psoe basco.

E desde aquí, a velas vir. Porque se en Basconia tusen, aquí acatarrámonos; se en Cataluña se secan o suor, aquí queimámonos. Eso é: Canta máis paz haxa no País Basco e en Cataluña, máis tranquilos estaremos nós. Canta máis tranquilidade neses dous países irmáns (irmáns dentro do mesmo estado), menos problemas. Porque a intranquilidade neses territorios, sabémolo por experiencia, soluciónase con investimentos; con cartos. E os
cartos que alí vaian, por moi xustos que sexan os investimentos, van en detrimento dos que as autonomías tranquilas -a nosa, é a máis tranquila- van recibir.

Por eso, nós, estamos a velas vir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES