Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

independencia para a Terra Chá?

viernes, 09 de noviembre de 2012
Pode que non tardemos moito en pedir a independencia para a Terra Chá. Así que ben podemos estar preparados para o momento en que se nos presente a oportunidade. Institucións e particulares deberemos estar á altura das circunstancias.

Ben se sabe que en Cataluña e Pais Vasco teñen o que se deu en chamar un nacionalismo de primeiro grado, que están á que salta, e reivindican á primeira ocasión que teñen ou buscan a posibilidade de obter a independencia e camiñar en solitario formando parte da sociedade de nacións do mundo que debe andar xa polas duascentas e moitas. Delas, vintetantas na Unión Europea, que poderían ser medio cento se os ímpetus nacionalistas chegan a bo porto.

En Cataluña son os nacionalistas conservadores os que andan na procura da independencia, coa boa pequena, teméndose ou sospeitándose que o que queren son melloras económicas sen ter que irse da casa do pai, que os cataláns teñen sona de pensar primeiro na bolsa e logo en todo o demais.

Ao rebufo de Cataluña –que esta agardando polo resultado das eleccións autonómicas para dicir máis forte eso do referéndum de independencia-, está o País Vasco onde xa houbo eleccións e os nacionalistas poden formar goberno en solitario ou asociados, se conseguen xuntarse co resto dos nacionalistas.

Tamén temos nacionalistas en Galicia pero hai quen di que se trata de nacionalismo de segundo grado, que posiblemente teña que ver co sentidiño dos galegos, coa nosa tranquilidade relativa, e co agardar e ver o que os tempos van propiciando. Que, bueno, que se hai unha reforma constitucional, Galicia non se vai quedar atrás, como nacionalidade histórica, á hora de facer constar a súa presencia.

Pero por se acaso en Cataluña conseguen algo, no Val d´Arán xa están preparados para pedir a súa especial autonomía ou independencia dentro da Cataluña nova, que teñen territorio diferenciado, costumes especiais, lingua propia e prácticamente todas as características que identifican unha comunidade que pode aspirar a vivir diferente, independente, sen depender de ninguén.

Eu tomei xa boa nota do tema. Se Cataluña se independiza, Galicia algo terá que dicir. E se o Val d´Arán logra a independencia de Cataluña, nós non imos a ser menos. Así que vaiámonos preparando por se nalgún momento na Terra Chá temos que tomar conciencia das nosas diferencias e podemos aspirar a ser un Estado libre asociado dentro dos Estados Unidos de Galicia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES