Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recortar será o remedio?

viernes, 09 de noviembre de 2012
Sen dúbida que os economistas do goberno saben onda van, que queren conseguir, e cando poderá conseguirse. Pero o economista menor que vai en cada un de nós non coñece esa ruta, desconfía do rumbo, e non lle ve posibilidades á difícil tarefa que se pretende.

Porque cada recorte leva consigo máis recortes nunha historia interminable na que eles serán os deseñadores pero nós somos os protagonistas.

Así, suben o ive, e nós vémonos forzados a restrinxir a nosa actividade alomenos nesa proporción. Se esa acción non provoca unha reacción en maior medida, que todo pode ser. Deixan incrementar ata o absurdo os prezos dos combustibles, co que cabería pensar en maiores ingresos do Estado por ese concepto pero esa recaudación baixa de xeito estrepitoso. Aumentan os precios das autopistas, e aparece un movemento en contra que aboga por deixar de utilizalas alomenos nuns momentos determinados.

Restrínxense os ingresos de determinados colectivos, como os funcionarios, e polo tanto restrinxiranse os seus gastos na mesma medida.

Pero a maior restricción é a que se produce polo clima restrictivo existente onde ninguén avanza, ninguén inviste, ninguen se arrisca, polo que poida pasar.

Pode que sexa este o bálsamo dun moderno Fierabrás, economista docto pero ignorante social. Ou moito van cambiar as cousas de inmediato, ou así non imos a ningunha parte.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES