Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A folga do 14N

jueves, 08 de noviembre de 2012
DESDE O PREGUNTORIO

O 14 de novembro tódolos sindicatos, asociacións e movementos sociais convocaron unha folga xeral que por primeira vez non será só española, senón que está convocada en unha morea de países europeos. Non soamente trátase de facer a folga, tamén o de encher as rúas con manifestacións .

Xamais estiven tan de acordo ao longo da miña vida con esta mobilización, pois a considero xusta ante este neoliberalismo que nos queren impoñer, tanto desde Europa como deste goberno que asemella a unha máquina de crear despidos a “tutiplé”, de crear moito dolor humano e mentindo como cosacos.

É un goberno que está deslexitimado desde o intre en que fixo todo o contrario do que prometeu facer. Un goberno que goberna contra a cidadanía. Un goberno que comeza reprimir antidemocráticamente calquera protesta pacífica do pobo indignado por todos os abusos que están facendo.

Como un “yayo” máis, mobilizareime ese día por ter unha Ministra de Emprego que pide axuda á virxe do Rocío cando nestes intres o paro chega a niveis xamais nunca vistos. Esta muller fai uns días dixo que comezamos a saír da crise, cando este pasado mes de outubro chegou o paro a 128.200 persoas. Esta Señora non di máis que necidades con insultos á intelixencia.

Mobilizareime contra este goberno que aproba leis para facilitar o despido e di que é para loitar contra o paro; por querer rematar coa sanidade pública e di que o fai para poder seguir manténdoa; por masificar o ensino e di que teñen que manter a calidade da educación; por estar rescatando aos bancos co noso diñeiro e despois eses mesmos bancos quitan as casas que venderon a prezos inflados, o goberno dinos que é para evitar que os bancos vaian polo mar abaixo (pois que se vaian).

Por estar deixando este país como “El Gallo de Morón”, vendéndoo por anacos aos seus parentes e amigos.

¿ Volve a resucitar o esperpento Valleinclaniano nesta “Marca España”?.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES