Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Home bó e xeneroso da Terra de Viveiro

jueves, 08 de noviembre de 2012
Home b e xeneroso da Terra de Viveiro A Fausto Galdo, in memoriam

Era o ano 69 do pasado século cando, na Facultade de Filosofía de Santiago, coñocín a unha compañeira que sempre me preguntaba si, cando viña a Viveiro, vía a Fausto Galdo.

Axiña descubrín que aquel rapaz, meu veciño, tiña moi namorada á rapaza en cuestión: era Fernanda, hoxe a súa viúva, a quen quero escribir estas verbas, extensivas a toda a Familia, non só como consolo, senón tamén como testimuña do meu afecto persoal polo benquerido Fausto, do que gardo un recordo fermosísimo, exquisito…de aquelas persoas as que un está sempre desexando ter ó seu lado. E non só polas súas amenísimas conversas, senón polas inquedanzas culturais que amosaba nos pouquísimos intres nos que coincidíamos, xa fose na presentación dun libro, na cea anual do Heraldo ou tomando unhos viños. Il non era un brazo de mar disposto a traballar por calquer cousa que redundase no ben desta Terra, que il chamaba irredenta, idea que comparto; il era unha marea enteira que se implicaba no que fixese falta, xa fose para a fundación do Seminario “Terras de Viveiro”, xa na edición de libros, xa como valedor das xentes.

Certamente, coincidimos moi pouquiño nas nosas vidas, pois ben sabedes que marchei para Madrid cando il comenzou a traballar na Coruña, e así pasamos trinta e sete anos. Pero quero hoxe, para ilustra-la boahomía do querido amigo, contar unha anécdota das moitas que supoño lle pasaron a otros, pero ista foi a mín:

Eran os primeiros tempos de Fausto na Coruña. Nosoutros, a miña dona e eu mesmo nunhas vacacións levamos á súa consulta a miña sogra para sabe-las causas dunhas doenzas nas pernas e, coa mesma a unha tía da Muller, que era coxa, e queríamos consello para operala. Amba-las dúas queixábanse das humidades que supoñen traballar no agro galego. Fausto recibeunos na súa casa coa amabilide acostumbrada e, despois de consultalas, espetóunos: ¿Sabedes que vos digo? Hai que poñelas a secar, o mellor é que as levedes para Madrid. E nós quedamos, perplexos, mais pensando que cecais fose certo. Saímos da consulta con ilas sumamente agradecidos non xa polo diagnóstico, senón polo agarimo de chuchos e abrazos que eran tan naturais nil.

O pouco tempo, foron para Madrid e, efectivamente, ”secaron” e melloraron de todo. Por certo, non nos quixo cobrar un “chico”.Il era así.

Coido que isa ilustración amosa con moita claridade a categoría humán de Fausto.

Despois soupen dos éxitos profesionais e literarios do compañeiro e sempre me sentín moi honrado sabendo que era agasallado con moitas distincións como nos acaba de amosar recentemente o amigo Emilio Insua nun artigo no Heraldo. Tamén vin outro que escribiran no periódico o País na súa loubanza. Ata descubrín que era académico da Real Academia Galega, cousa que supón unha alta distinción, e que eu, de natural despistado e pouco repararador nisa clase de méritos, non deixo de valorar e agradecer como amigo que se acordasen dil.

Outro fillo do Pobo do que compre estar orgullosos. Un Home dos que sen convivir moito, máis ben escasamente, merece o altar da amistade porque un ten conciencia de que hai moi pouquiños tan tenros, sinxelos, nobles, garimosos, compañeiros, que agochan a súas doores trais ise sorriso da última cea do Heraldo sen confesar ni re da súa enfermedade.

Gracias, Fausto, por haber sido na nosa vida isa flor que amence cada día cun guiño de ledicia e que se deita no camposanto da vida con un recordo de amor a Fernanda, ós teus fillos e irmaus e a cantos quixeches e te quixeron. Gracias, no nome de esa Galicia irredenta que tánto amaches e que tanto che debe. Gracias, Fausto, porque as bágoas fálanme do moito que te vou botar de menos.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES