Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Semana do Cónclave: Semana de Esperanzas

sábado, 16 de abril de 2005
Semana do Cnclave: Semana de Esperanzas Estamos na semana do Cónclave ("fechados con chave") a xuntanza na que 115 cardeais elixen Papa para a Igrexa (Pobo de Deus) do comezo deste milenio. Ven coincidir co IV domingo da Pascua, o chamado do Bo Pastor. Compre ter de fondo a verdade de que Xesús Resucitado é o Único Pastor que coñece, guía, ama e dá a vida por nós. E tamén que "Quen salva é Xesús, non a Igrexa!"

Coa forza do Espírito do Señor Resucitado camiña a Igrexa e as persoas que optan (optaron e optarán) por continuar o seu camiño e asumiron as actitudes e os xeitos de Xesús, noso Mestre e Señor. Na Biblia a alegoría do pastor significa moito. Por iso se lles chama pastores ó Papa, bispos e cregos. E, por asociación de función tamén a gobernantes, educadores, pais/nais de familia e membros das comunidades. No fondo, todos somos pastores/as uns dos outros, dos irmáns.

A Igrexa necesita pastores e profetas, testemuñas de esperanza que, coma Xesús, escoiten, coñezan, guíen, amen e entreguen a vida por esta sociedade enferma e famenta de fraternidade, xustiza, felicidade, paz e amor. En vésperas da elección do novo Pastor da Igrexa universal, os católicos temos de sentirnos moi unidos, comprometidos e solidarios, comezando por "pedir ó Señor do rabaño" que envíe o "pastor bo" que a Igrexa e a sociedade precisan neste intre da historia.

Necesitamos un Papa pastor que alente a misericordia, que leve esperanza ós que sofren e promova a liberación desa multitude de homes e mulleres, víctimas da pobreza, da explotación económica e da falla de respecto ós Dereitos Humanos. Que a Humanidade enteira senta que desde a Igrexa saen olladas de "amor e de comprensión". Que lles chegue o sinal de que Deus os ama a todos e a todas por enriba da súa raza, cor de pel, costumes, crenzas e/ou relixión. Que perciban, con claridade, que os pastores da Igrexa non van a eles desde o poder e a prepotencia senón, coma Xesús, desde a humildade, sinxeleza, respecto, servicio e amor.

Desde comunidades católicas reclámase un Papa que ademais de ollar cara fóra (ó exterior) teña olladas de comprensión cara dentro da propia Igrexa e se faciliten canles de diálogo, participación e corresponsabilidade nas comunidades eclesiais. Que asuma os problemas pendentes dunha escoita real dos fieis, dos teólogos, do laicado, da muller...e promova a expresión, o pluralismo e o debate serio/participativo sobre o papel da fe e da Igrexa no mundo. O Espírito non há de faltar a quen anime e dinamice o proceso conciliar iniciado no Vaticano II.

Do cónclave teñen de saír razóns para a fe e a esperanza da Igrexa e do mundo.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES