
O seis de novembro, os alumnos da Uned Senior de Xestoso visitamos o Palacio de Capitanía Xeral, na cidade da Coruña, guiados polo Comandante Costa, ademais do noso profesor D. Felipe Senén López. Entre ambos, déronnos a coñecer toda a historia e características deste emblemático edificio.
Foi creado, no século XVI, polos Reis Católicos, como Real Audiencia, despois da unificación do territorio do que hoxe é España.
A Real Audiencia estaba situada na Cidade Vella ou Cidade Alta, na actual Praza da Fariña, a onde chegaban os barcos con mercadorías e peregrinos, que comezaban o Camiño de Santiago pola que hoxe é a Rúa do Parrote. Na Real Audiencia, estaba a Administración do Reino de Galicia, onde se impartía xustiza. Foi transformada en Capitanía Xeral de Galicia no ano 1.748.
Os arquitectos Juan Vergel e Francisco Llovet dirixiron as obras de construción do novo edificio.
Actualmente, o Palacio de Capitanía Xeral é a sede das Forzas Lóxísticas Operativas. No seu patio interior(claustro), están representados os catro escudos de armas do exército da épocal: Artillería, Infantería, Caballería e Enxeñeiros. No corredor que rodea o claustro, represéntanse, asimesmo, os diferentes escudos, desde a formación de España, ata os nosos días.

En 1.910, levouse a cabo a última remodelación do edificio. A planta alta foi destinada a Planta Nobre, onde, entre outras dependencias, está o Salón do Trono, con dous leóns, réplica dos do Congreso dos Deputados, e con lámpadas similares ás do Palacio da Granxa. Todas estas salas albergan pinturas do Museo do Prado e do Patrimonio Nacional. Hai tamén unha colección de once cadros que pertencen a unha serie dos doce meses do ano.
No ano 2.013, celebrarase o dous centos cincuenta aniversario da Capitanía Xeral da Coruña, con diferentes eventos e visitas guiadas para o público.