Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os roubos actuais

miércoles, 07 de noviembre de 2012
As condicións económicas actuais, agudizan os problemas de seguridade da propiedade privada, porque agudizan as picardías dos amigos do alleo en relación con roubos que por pequeño que sexa o botín sempre provocan danos importantes aos seus propietarios.

Chamou a atención hai uns días que no cemiterio de Outes romperan as portas de cristal de ata douscentos nichos para roubar pezas de ferro e de bronce, especialmente os crucifixos que figuran no frontal das sepulturas.

Xa en Vilalba está o roubo, aínda non amañado, do fío de cobre que daba servizo ás farolas desde o Alto da Forca ata o Polígono industrial. E naturalmente a inseguridade de todas as nosas parroquias rurais, onde as igrexas son visitadas polos amigos do alleo, nada temerosos de Deus nin, polo que se ve, das forzas de orde pública.

O das igrexas debera darnos a pauta de que non hai límites á hora de chamar a atención dos cacos, en canto ao divino se refire. Agora temos outra evidencia máis, desde o punto de vista humano, ou rural, ou labrego se se quere.

Lembro que hai tempo, en calquera finca podían quedar os apeiros de labranza, sen o maior problema. E todo o máis, cando se trataba de deixar de xeito case permanente utensilios voluminosos, construíase unha cabana que defendese ao obxecto protexido das inclemencias climatolóxicas. Claro que daquela non había crise nin pastores eléctricos.

Os pastores conseguiron liberar a todos os nosos rapaces de ter que tornar as vacas cando se levaban a un prado ou restreba sen un peche axeitado, xa que unha mínima corrente eléctrica producida por un artiluxio eléctrico tornaba as vacas os primeiros días, e logo xa os animais esquivaban os límites da finca por saber que aquel cable que impedía o paso era senon perigoso si molesto.

Pois agora que os pastores quedaban instalados para non ter que andar con eles dun lado para outro, deron en desaparecer pastores eléctricos, para ser revendidos ou aproveitados os elementos dos que están compostos. E o problema xa non é de que as vacas poidan irse fóra, senón que ao actuar nosw dous sentidos, o fío das descargas eléctricas tamén impedía que so xabaríns accedesen a fincas sementadas, especialmente de millo, polo que comen e especialmente polo que destrozan.

Non sabemos cal será o próximo que poida perigar das posesións individuais ou colectivas, pero visto está que todo o que non estea pechado a pedra e lodo – e esto aínda habería que velo- é susceptible de ser roubado. Tanto se é o máis sagrado, como o máis básico e impensado. Ata os pastores eléctricos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES