Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir en España

miércoles, 07 de noviembre de 2012
Dixo Larra que “escribir en España era chorar”, e foi máis aló Cernuda cando afirmou que “escribir en España non era chorar; era morrer”.

Lonxanos, cremos, aqueles tempos do xenial escritor que non puido soportar a súa dor vital, chéganos desde China a palabra da S.M. El Rei, que di que España hai que vela desde fora para obter unha imaxe satisfactoria, porque desde dentro é para chorar. Menos mal que se quedou no nivel de Larra e non chegou ao de Cernuda.

Non están o tempo para moitas ledicias, e o Rei ten a maior das licencias para expresarse en público, aínda sabendo que as súas palabras van ser medidas, analizadas, sopesadas, coa maior atención por todo o mundo. E o Rei Juan Carlos tardou ben tempo en expresarse improvisadamente, con liberdade, sendo esta unha das ocasións máis destacadas, máis sinceras quizais, nas que quixo deixar claro que efectivamente estamos mal pero comparativamente -relativamente- hainos que o pasan moito peor.

Certo que en Galicia vivimos en España, aínda que sexamos dos lugares que están por debaixo do termo medio, por debaixo da media, pola parte máis humilde. E se fosemos conformistas habería que ver como estabamos hai tres ou catro décadas e o paso de xigante de botas de sete leguas que demos desde entón. Pero non somos conformistas, quizais non debemos selo, e non temos porque mirar tan atrás. Pois miremos cada adiante.

Miremos para adiante e enfrontemos o futuro cun mellor talante que o que na actualidade posuímos. Esto ten que pasar, aínda que tarde. Volverán tempos –quizais non tan bós como os mellores dos que vivimos- nos que se poida traballar, investir e ter ilusión.

Aínda que sexa para chorar – El Rei, dixit- non podemos facelo. Xa dixo Pimentel que “non convén chorar máis. Rosalía chorou por todos e para sempre”. Pois eso: ¡a traballar!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania