Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confederación

viernes, 15 de abril de 2005
Hai guerra aberta en Galicia entre as principais cidades por se-la sede da Confederación Hidrográfica do Miño, de recente creación. Aspiran a ela Lugo, A Coruña, Ourense, Santiago...

A Confederación Hidrográfica do Norte de España, con sede en Oviedo, foi durante decenios o organismo competente na administración dos ríos galegos dependendo de Oviedo canto aquí acontecía.

A autonomía galega, hai xa un cuarto de século, non trouxo consigo a necesaria reestructuración destes servicios, que seguiron dependendo da capital do Principado ata agora mesmo en que, por fin, vai haber unha Confederación Hidrográfica do Miño, do Sil e do Limia, xenuinamente galega, administrada desde Galicia.

Se se aplican criterios centralistas, capitalinos, a sede da Confederación pode ir para Santiago, pero non sería lóxico. A Coruña, en principio, parece debe ser descartada, porque administrar desde alí as augas do Miño pouco máis ten que facelo desde Oviedo. Quedan Lugo e Ourense, pero aplicando o criterio do “goberno amigo”, podería Lugo levala tendo en conta que a adxudica o goberno central, “amigo” do municipal lucense, en tanto que o goberno local ourensano loitaría contra corrente.

En canto a augas, ahí se van... Porque se Ourense ten o Miño xa alimentado co Sil, e o Limia, Lugo ten a forza do Miño nacente, que bebe as súas primeiras augas do Pedregal de Irimia e das terras altas de Meira, do agurgullar de Fonmiñá, e se nutre de tódalas augas que veñen (Aquilino dixit) “de monte en monte, de fonte en fonte, de caivanca en caivanca”.

En “A las barricadas” chámase a loitar “polo triunfo da Confederación”. Non era esta. Pero o triunfo para Galicia está conseguido con administrarse por sí e desde dentro. Agora so fai falla que o dedo do poder sinale Lugo ou Ourense (A Coruña e Santiago parecen naturalmente desbotadas) para poñerse a traballar polas augas da nosa primeira conca fluvial.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania