Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facebook: un xeito de memoria

miércoles, 07 de noviembre de 2012
Recuncando na memoria, nunha destas tardes morriñentas de outono, dei en enredar no meu facebook. Foi entón cando, despois das viravoltas que normalmente dou por esta rede, entrei no perfil dun amigo recentemente finado. Nesta visita levei unha grata sorpresa: os seus seguíalle falando en presente! Seguíanlle contando os retallos da vida que compartiron, relatándolle os momentos nos que o botaron en falta e poñéndoo ao tanto da vida.

O feito relatado foi para min un impacto cheo de luz e ledicia: o facebook do meu amigo convertérase nunha sala de estar de saudades, ledicias e ideas compartidas. Dentro de min empezou a agromar o orgullo e a emoción por aquel tributo constante atemporal e imperecedoiro, e tamén eu lle deixei unhas verbas para dicirlle que fala dentro de min, facéndome sorrisos de claridade entre os escuros da vida.

Decateime de que agora teño un lugar onde visitalo, ver a súa imaxe, lembrar a súa voz e compartir todas estas saudades cos seus amigos. Unha verdadeira marabilla, tendo en conta que as verbas nunca murchan e que sempre son o retrato máis certeiro dos sentimentos, a fonte onde se sacian as emocións. E se ben hai que dicilas en vida, cara a cara, tamén poden ser un medio para a memoria.

Pola miña parte seguirei compartindo a vida co meu amigo, para sentilo preto e facelo partícipe do meu camiño.
Bendito facebook, bendita memoria.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES