Feijóo dixit
Editorial - martes, 06 de noviembre de 2012
Estamos afeitos a que o falar dos políticos non teña cancelas, e por eso a nosa disposición é a oir pero non a escoitar as declaracións que moitos fan no exercizo do seu cargo. Por eso nos chama a atención cando alguén da política fala e pensa como calquera de nós.
A ministra Bañez falou como ministra do goberno central, atisbando claridades antes chamábanselles brotes verdes- onde ao mellor as hai pero que non nos din nada. E o Presidente Feijóo veu dicir, replicándolle sen replicar, que cun paro dun vintecinco por cento non se poden dicir cousas que nos gustaría dicir porque o importante é o que a todos nos afecta de xeito tan directo e vital, como é esta profunda crise económica.
O Presidente diante das palabras da Ministra sobre sinais esperanzadores, di que o importante non é o que digan os políticos senón os indicadores económicos, e coida que o ano 2013 vai ser moi duro.
Razón ten o Presidente en dicir que de saír da crise, polo de agora, nada de nada, por moito que a Ministra sexa optimista. E que se algún sinal hai como as exportacións ou a competividade- quere dicir que hai indicadores menos malos ca outros, e o que hai que agardar é que as cousas en 2013 vaian menos mal ou un pouco mellor dentro dunha situación moi complexa.
Pois como estamos moi cansos de que se nos pinte de cor azul o que
ten nubarróns moi negros, agradécese que o Presidente da Xunta nos diga o que ten que dicir. Que é mellor prepararse para as duras, aínda que estas poidesen vir un pouco máis maduras.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora