Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A imaxe das entidades bancarias

lunes, 05 de noviembre de 2012
Dise que as entidades bancarias e de aforro están preocupadas pola súa imaxe, e non é nada extraño porque coa que está caendo o que máis e o que menos toma nota do papel dos particulares, das institucións e das entidades no panorama económico que nos envolve.

As cifras que se fan públicas de cando en cando sobre os beneficios da banca xa non son aquelas in crescendo doutrora, e tamén elas acusan a recesión e os recortes.

E as novas de embargos ou desahucios tampouco axudan a que teñamos boa imaxe deste colectivo poderoso que sube intereses, inventa gastos, reforza comisións e restrinxe créditos. E que un home se suicidase antes de ser desahuciado do seu negocio e domicilio en Granada, aínda que técnicamente poida ser considerado un efecto “colateral”, é un golpe de morte para unha consideración á que todos contribuimos a formar.

E o caso é que nos estamos afacendo a convivir dentro dunha situación que estimamos límite, e unha enquisa feita polas caixas de aforro indica que no terceiro trimestre do ano só unha cuarta parte das empresas se dirixiron ás entidades en solicitude de crédito, buscando solucións alternativas ou paralelas para a financiación do seu circulante.

Ata non hai moito tempo, a imaxe neste especial campo da economía e das finanzas non importaba moito, e os resultados viñan indicar que todos acababamos por entrar polo inmenso aro da sumisión crediticia. Pero ao mellor no futuro xa non é así. E como apareza unha iniciativa con imaxinación, forza, garra e atractivo –con boa e nova imaxe- pode dar máis dun susto ás institucións xa consolidadas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania