Empresarios
Editorial - jueves, 14 de abril de 2005
Ninguén dubida que cada empresario sabe organizar a súa empresa de xeito que a faga rendible, competitiva, operativa. A dúbida hai que plantexala cando os empresarios se asocian e toman decisións colectivamente, xa que entón as decisións tomadas poden ter máis papel político ca económico, e as organizacións nas que participan máis sociais
que profesionais.
Nesta ocasión, todo ocorre en Lugo. Na Cámara, na Cel, e no que poida vir agora.
Respecto á Cámara, hai un sentimento nas empresas de que nunca debe ser obrigatorio asociarse á Cámara de Comercio, Industria e Navegación, e menos ter que aboar cuotas proporcionalmente á facturación da empresa. Enténdese que as Confederacións de Empresarios son voluntarias e prestan tan bo servicio coma a Cámara, e por ese camiño se anda.
O mesmo parece ocorrerlle á Cámara diante da constitución pola Xunta da Federación galega de Cámaras de Comercio, xa que se opón a aboar a este novo organismo o 3% dos seus fondos como cuota participativa. O mesmo que os seus asociados din da Cámara lucense.
Na Cel, outro problema, xa que superados os difíciles momentos vividos, a Confederación enfróntase agora ó problema da escisión de Aprevar, Asociación da madeira, Asociación de Industriais do Ceao, de Transporte de viaxeiros e posiblemente outras, que queren montar outra Confederación paralela para lucrarse dos fondos que a Xunta destina a formación, apetecibles por todo tipo de entidades e empresas.
Descontentos coa marcha da Cel, queren que sexan dúas. Non é a mellor solución para o conxunto de empresarios esto da división de forzas cando parece que a directiva actual da Cel está intentando facer as cousas ben.
O dito: os empresarios cando se trata das súas empresas, téntanse e fan as cousas ben. Cando xogan a políticos, non lembran que deberan aplicar os mesmos criterios racionais que nos seus negocios e xogan co público con máis alegría que co privado, porque o público doe moito menos que o que é de cada un.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora