Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Antón do Rebacholo

lunes, 05 de noviembre de 2012
Antn do Rebacholo Falaba estoutro día dos alcumes vilalbeses –especialmente a amplísima familia dos paxaros- que tiñan en tempos moita máis importancia que os mesmos nomes, facendo esquecer aqueles como non fose para as xestións nos organismos oficiais, para a partida do bautismo ou para a acta de defunción, e a conseguinte esquela no xornal, ademais de leida na radio.

E nesto que hai uns días vexo na Voz de Galicia a esquela do vilalbés Antonio Fraga Lodeiro. Os apelidos soábanme, pero moito máis coñecía o seu alcume, sobrenome, auténtico nome propio de ANTÓN DO REBACHOLO, que na esquela figuraba para axudar á identificación do amigo vilalbés que se nos foi.

Antón é o último dos grandes da música de Vilalba que xa non están físicamente entre nós. Como os outros grandes – Papá Toñito, o Roquiña, Pepe Guntín e tantos outros- eran a verdadeira demostración de que Vilalba foi moi grande no eido musical, primeiro nas bandas de música, logo nas orquestas, e por fin na Coral polifónica. E Antón do Rebacholo formou parte ben importante da Banda, das orquestas, da antiga Masa Coral Villalbesa como o foi despois da Coral Polifónica de Vilalba, na que a súa fonda e poderosa voz tiña un lugar reservado desde que eu teño memoria.

A Antón do Rebacholo a saúde retirouno antes de tempo, que el estaba chamado a perdurar moito tempo sendo parte fundamental da nosa Polifónica, pero problemas de saúde arredárono hai uns dez anos das actuacións e dos ensaios habituais da coral, pero en todo momento –aínda na súa ausencia- el estaba presente porque con todos os compoñentes do colectivo tiña unha amizade fraternal. Como a tiña comigo, como veciño, e como socio de honra da Polifónica de Vilalba.

Vaia para toda a súa familia, e para a Coral, o meu máis sentido pésame pola perda familiar sufrida. E para Vilalba, o sentimento de perda dunha figura inesquecible do noso mundo musical, o último dos grandes, aqueles que fixeron música nos tempos difíciles onde todo era escaso menos o entusiasmo, e que para os vilalbeses de agora son exemplo –desde agora máis lonxano- do amor por Vilalba e pola música.

Deixo aquí a miña lembranza de amizade por Antón do Rebacholo, que no carnet de identidade aparecía chamándose Antonio Fraga Lodeiro, un destacado vilalbés, un excelente músico, un magnífico cantor.

Na foto, Alfonso Baamonde (esq.) agasallando a Antón do Rebacholo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES