Banco malo, Sareb
Cardalda, Theo - jueves, 01 de noviembre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
Aprobaron no Parlamento o do Banco Malo de nome SAREB. Manda truco con estes do goberno, asemella a un nome árabe, a un Califa. Esta criatura que naceu onte son os seus padriños o FMI e o Banco Central Europeo ao que se lle chama a Troika, organismos que veñen demostrando a súa incompetencia e a perversidade económica. Non hai país no mundo intervido por estes estamentos estafadores que a súas economías non atópense fundidas.
Isto do Banco Malo, non é máis que privatizar os beneficios e socializar as perdas. Vai ser este banco, un organismo público na que as entidades financeiras deixaran os seus activos tóxicos, créditos de cobros dubidosos que son de pisos embargados ou pisos construídos sen vender.
Un exemplo desta maquinaria estafadora, son os pisos que un banco valorou en 250.000 euros que agora valen 100.000 e para que esas perdas de valor non arruínen a ese banco, lle botaran toda esa bosta a esa criatura bautizada SAREB, logo toda esa podremia que lle votan ao Banco Malo venderase por menos do seu valor, mercaran barato, pagará o pobo e logo repartíranse os beneficios aqueles amigos de sempre. ¿ Quen asumirá as perdas?. O Estado, é dicir, as pagaremos durante anos todos os cidadáns cos nosos impostos e con recortes salvaxes ao Estado do Benestar. Non hai diñeiro para manter a Sanidade ou a Educación Pública, pero o hai para salvar aos bancos.
Nesta Marca España, os únicos que viviron por riba das súas posibilidades foron os banqueiros, que repartiron dividendos que non existían, pediron diñeiro aos bancos alemáns para metelo naquela burbulla do ladrillo e cemento agochando a súa quebra falseando a contabilidade.
Vedes como as cousas trocan co PP. Agora toda a cidadanía
deste país é accionista da banca, dese banco casposo desa parte chunga, pero accionista da banca.......rota.
Isto é sinxelamente unha estafa, un traxe feito á medida para os grandes estafadores que fóronse para paraísos fiscais sen devolver os créditos. Mexan por nós e dicimos que chove.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora