Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cataláns facendo amigos

miércoles, 31 de octubre de 2012
Pode que sexa parte da estratexia soberanista que os nacionalistas conservadores cataláns están a levar adiante eso de protestar porque o Ave galego vai experimentar un impulso nos próximos presupostos xerais do Estado. Porque se están presionando en diversas instancias ao Goberno español para que ceda ás súas pretensións e marcan distancias respecto ao conxunto das comunidades hispanas, poden tamén deste xeito querer provocar noutras comunidades – neste caso na galega- un rexeitamento contra as súas posturas que poida ser vendido publicitariamente como unha malquerencia doutra comunidade que forma parte do Estado español que tanto parece incomodarlles por principio.

Nin cataláns nin outras comunidades hispanas poden sentir agravios en relación cos investimentos que se fagan na comunidade galega, tan preterida en relación con outros territorios mimados polos correspondentes gobernos. E mal pode falar un deputado catalán contra o Ave galego cando Cataluña dispón de Ave ata Valencia desde hai oito anos, e con Madrid desde hai catro, prevéndose que o próximo ano o teña tamén con Francia.

Olaia Fernández Dávila, do Bng, deixou claro no Congreso a postura do seu grupo, que é a postura de todos nós, en relación cunha agresión coma esta.

Defenda cada quen os seus intereses pero non a costa dos dos demais. Deixen de facerse as victimas – especialmente de cara ao interior, se é que eso lles interesa- cando todos temos a conciencia de que teñen ben vendido – e ben cobrado- o seu dereito de primoxenitura.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania