Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esculturas

miércoles, 13 de abril de 2005
Días pasados foi noticia unha estatua do Xeneralísimo Franco, retirada na capital madrileña, como punto final polo que a Madrid se refire na retirada de símbolos doutro tempo e doutra xente.

Doutro tempo, porque Franco morreu en 1975, e polo tanto están a punto de cumprirse tres décadas da súa ausencia. Doutra xente, porque é seguro que os entonces habitantes de España eramos totalmente diferentes dos que hoxe vivimos nos mesmos lugares.

A persoa é producto de sí mesma e do contorno. Si para Ortega unha entidade humana non pode considerarse individualmente senón que hai que engadirlle "a súa circunstancia", a circunstancia dos habitantes hispanos de hai trinta anos era a civilización do franquismo con tódalas connotacións que consigo levaba.

Alemaña non garda de Hitler a menor lembranza. En Rumanía non se conserva a menor pegada de Ceaucescu. En España vaise camiño de que os anos vaian sepultando no esquecemento unha etapa da historia da que todos queremos pasar páxina.

E para pasar páxina hai moitos monumentos que arrumbar, moitas placas que cambiar, moitos acordos de nomeamento de "fillos predilectos" que esquecer...

Non se poden adoptar acordos, bautizar rúas, erguer monumentos a glorias efímeras, productos da circunstancia dun momento, da razón da forza, do poder omnímodo. Postos a erguer estátuas é mellor facer como o Concello de Lugo que nunha rúa e na praza principal da cidade vai erguer cadanseu monumento a Manuel María, Rosalía, Valle Inclán, Curros, Castelao, Pondal, Otero Pedrayo, Cunqueiro e Novoneyra. As nove lembranzas non molestan a ninguén, e aínda os detractores -que algún deles pode ter- deberán recoñecer a súa aportación á nosa cultura e á nosa historia.

As esculturas, chamadas a ser perennes polo material empregado, teñen tamén que selo pola permanencia do "valor" do persoeiro representado.

No caso contrario, no caso de caducidade, están chamadas a desaparecer arrumbadas en calquera museo para consolo de nostálxicos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES