Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Corrupción

martes, 30 de octubre de 2012
A diario somos asaltados por novas nos medios informativos da corrupción reinante, con poucos casos pero chamativos, clamorosos, que retumban na conciencia da sociedade como se fose unha tormenta impensada que vai arrastrar colleitas e facendas.

E sen embargo cando leemos a letra pequena ou escoitamos os detalles, comprobamos que o que se conta xa o sabíamos, xa o intuíamos ou xa o víamos no noso contorno sen que nos houbese chamado a atención. Eso quere dicir que a corrupción está implantada de tal xeito na nosa conciencia social, que nos parece natural a súa existencia, e só con badaladas como as que nos están propinando nos paramos a pensar no que está e no que está mal, no que se debe facer e no que non se pode facer.

Hai corruptos activos, que se aproveitan dos mecanismos que a sociedade pon nas súas mans para o seu lucro persoal. E hai corruptos pasivos, membros pasivos dunha sociedade que tolera, entende, e perdoa a corrupción a cambio da tranquilidade social e un relativo progreso, un mínimo avance.

Mentras nos sorprendan estas noticias e nos sexa difícil entender porque os xuices se toman tan en serio a súa función neste campo, costará traballo que o noso pequeno mundo avance. Porque en tanto esto non cambie, sólo serán uns os que paguen por todos os demais nun entramado tan amplo como etéreo, e a situación reflíctese perfectamente cando unha xuiza lucense, diante da manifestación dun enxuizado de que así é como funcionan as cousas, respostou: “Si, farao todo o mundo, pero a vostede cachámolo”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES