Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Patente de corso

lunes, 29 de octubre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

Galicia segue sendo a mesma, a reserva secular masoquista de Occidente. Gústanos que nos azurren co látego no lombo e por sistema pedimos máis.

Dá igual que privaticen a sanidade, que se desprece a cultura, estouren o ensino, boten polo sumidoiros o benestar social e esnaquicen a economía.

Que máis da que o PP perdera 140.000 votos, o PSOE e o Bloque tamén baixaron, o máis triste de todo e ver o porcentaxe de abstención, nulos e e branco que chega ata o 39 por cento, ou sexa, de 73 de cada 100 persoas con dereito a voto non votaron ao PP, non encanto, teñen maioría absoluta e con menos votos aumentan escanos. Algo falla nesta Lei Electoral, por iso o castigo ao PSOE en perpetuar esa Lei Electoral inxusta que puido trocala cando puido e non quixo. Lei que sempre favorece ao bipartidismo, agora está probando non seu lombo a súa propia medicina.

Non encanto, a sorpresa foi a entrada no Parlamento dunha nova forza política con nove deputados. Unha Alternativa Galega de Esquerdas liderada por Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz que chegaron a ilusionar aos electores con alternativas novas e realizables que queren intentar desde ese parlamento, converténdose nese motor de cambio que a maioría da sociedade necesita. Acadar que entre un ar democrático que hoxe está viciado e narcotizado e rematar con ese anacronismo desta Lei Electoral putrefacta. Coido que o Sr. Feijóo terá unha mosca “cojonera” en AGE, contra esas políticas neoliberais e a “troika” de estafadores.

Agora desde Madrid algúns dirixentes de o PP xa falan de patente corso para levar adiante máis recortes sociais ante esa maioría en Galicia, quizais non conten con esa abstención que a maioría son desencantados desta “democracia” fedenta e de algúns políticos. Non van a ter moi doado esa patente de corso con AGE nas institucións galegas.

Xa que o ministro do Interior pediulle ao Papa que rezara por España, Tamén debeu dicirlle que rezara polos galegos de malos pensamentos.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES