Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

M o r r e r

martes, 12 de abril de 2005
¡Morrer é ficar morto!
(Novoneyra)

Con motivo da morte de Xoán Paulo II, o noso Arcebispo achegóusenos antonte de pronto*, coma un párroco de cabeceira máis, e, aventando coas súas palabras casteláns e galegas tódolos tópicos da mística cibernética, replicou acaso sen sabelo as nosas máis apremiantes inquedanzas:
"Deus fai a nosa lectura a través do perdón e da misericordia / A morte posibilítanos vela cara de Deus / (Hay que) saborear a fidelidade de Deus sen intermitencias / O destino do Home é (…) o dunha compaña ditosa (…) / …nosa esperanza está no ir tecendo día a día o tapiz da nosa existencia… / Nesta espera só temos contacto (…) cos fíos enredados e rotos da trama (…) da vida (…) (pero) un día seremos invitados a pasar ó outro lado do tapiz e ollaremos (…) a obra que Deus (fixo) en nós./ A morte solidaria (…) de Cristo é unha garantía definitiva da súa misericordia. / A vida compréndese ollando cara atrás, pero hai que vivila ollando cara adiante / Xoán Paulo II buscou a Deus en sí mesmo e buscouse a si mesmo en Deus / …a miseria espiritual (…) ten a avantaxe de ser indolora pero o inconvinte de ser mortal. / …o home (está feito) a imaxe e semellanza de Deus e non ó revés. / Xan Paulo II non tivo medo do misterio de Deus porque confiou sempre no seu amor./… Cristo (é) a imaxe do Deus invisible.”

Xa sei can odiosas son estas mutilacións pero, neste caso, subliñamos unha avantaxe polo menos: unha vez cumprida a súa misión contextual, estes fragmentos inda poderán voar sós a outros moitos sitios lonxanos e igualmente necesitados. Coma cerros no medio da chaira, permeterán ollar alí tamén a ubicuidade paisaxística da verdade e producir así anticipadamente o seu consolo. Son palabras as súas que apagan a sede; probablemente son a mesmísima Palabra.

Nembargantes non sei se, a xulgar polas converxencias e diverxencias que suscita, a homilía de Monseñor Julián Barrio non tería tamén neste caso unha intencionalidade evanxelizadora máis concreta. Refírome ó estremecedor poema de Pérez de Gamarra que dí así: “Estar muerto es un largo aprendizaje.// Hay que mirar las cosas / como a través de un vidrio; / las voces y la música quedan al otro lado.// Es preciso arroparse en años de silencio / como en un amplio manto/ y acallar en sus pliegues/ deseos y memoria// Estar muerto supone el insistente empeño / en borrar con un gesto las cifras y los signos / surgidos de la arena.// Estar muerto supone darle la vuelta al tapiz / y contemplar de frente la urdimbre de la nada.
As converxencias que encontramos entre a homilía e o poema serían principalmente as da morte e as da concepción da nosa existencia coma unha urdimbre ou tapiz irreversíbel que, tecido sober da trama enredada e xa repudiable da vida, poderá nembargantes ser derradeiramente visto de fronte.
Pero a diverxencia básica i esencial, a diverxencia que explica todas estas converxencias, depende sobre todo da intención enormemente evanxélica e afectiva de Monseñor Barrio. Fronte a clemencia da nada, que gravita sobre Gamarra, o Arcebispo semella ofrecerlle a alternativa salvadora de que as cousas non sexan así, de que é Deus mesmo o que tecerá finalmente a marabillosa urdimbre do Home acabado. De que o tapiz visto de fronte non mostrará pois a nada senón un novo e definitivo nacemento.

Tamén o láudano do Arcebispo podería haber chegado a outro poeta, a Martínez de Andrade -senón fora porque Roberto xa está morto e porque desto, agora, el debe de saber xa bastante máis que todos nós xuntos-. Pero, pese a todo, eu, polo menos como albacea, tamén herdei algo neste caso. E o caso está aberto. Andrade era un católico convicto e pecador, un fidalgo refinado, arrogante, bebedor e, as veces, contrito, ó que un día deulle por compoñer o seguinte “RÉQUIEM”: Cuando en el silo de los muertos / nos juzgues / olvídate de mi / deja que duerma.// Mejor es tu olvido, señor / que tu condena, / tu justa ira.” I este inmenso acto de fe iba xa camiño do epitafio cando, sorprendentemente, a xente alporizóuseme toda por aquelo de “olvídate de mi / deja que duerma”. Uns atribuíanlle soberbia, outros desdén, outros viño. Pero ninguén, ocupados todos ca burguesa prosmeirada esa do “probe rapaz”, chegou a facela lectura enteira de tan cativa grandeza: “mejor es tu olvido, Señor / que tu condena, / tu justa ira”, tiven que berrarlle insistentemente a máis de un. Ninguén chegou nembargantes a estremecerse ante tanta amargura. ¡Que ben lle houberan vido entón a Roberto estas agarimosas palabras!: “A morte solidaria de Cristo é unha garantía definitiva da súa misericordia”. Por eso recíboas eu agora e aquí, inda tan oportunamente a destempo, e péchoas definitivamente á controversia.

Se me ocupo aquí destes dous poetas e de ninguén máis é porque, ademais de ser éles dous homes calisquera -é dicir, versións distintas dunha mesma cousa, coma nosoutros-, ostentan tamén as nosas feridas de xeito máis expreso, máis nidio. E porque pode que así, fronte a esta evidencia, monseñor poda chegar mellor os propios confines do Home e a invitación de Deus mellor á outra suntuosa cara do tapiz.
Non sei se todo esto será así pero non hai porqué ter medo. O pensamento debe de ser tamén un don de Deus.

* http://www.galiciadigital.com/images/notas/nota.php?id=1237
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES