O valor das cousas
Editorial - viernes, 26 de octubre de 2012
Suben os productos perecedeiros, os que consumimos a diario, os que non temos máis remedio que adquirir. E mentras tanto, todo o que posuímos, os bens inmobles, nos que fiamos todas as nosas previsións e aforros perden moi boa parte do seu valor.
Ao pechar innumerables negocios, os alugueres de locales comerciais baixan pola pura aplicación da Lei da Oferta e da Demanda. O mesmo ocorre cos locais comerciais e vivendas que se ofertan en venda que reducen drásticamente os seus precios, non conseguindo nin así o favor do público porque os bancos non facilitan o acceso aos créditos. As propiedades, en definitiva, reducen o seu valor, sendo aínda discutible calquera importe que se mencione xa que non existe demanda que acredite un nivel determinado de prezos.
A situación actual marca, pois, un alza dos prezos básicos, conseguindo que unha porcentaxe elevada da poboación teña problemas para chegar a fin de mes, e a baixa de calquera valor estimado das propiedades inmobiliarias, ata agora índice de riqueza, de posesión e de aforro.
Quen neste momento teña diñeiro en efectivo, os que máis teñen en definitiva, pode adquirir pola metade do seu valor anterior, todo tipo de bens ou posesións que cabe supoñer- no futuro volverán revalorizarse, cando a situación volva a unha normalidade que nunca se poderá parecer á anterior á crise.
Os ricos sairán máis ricos desta crise mortal. E os pobres, moito máis pobres. O que coñeciamos por estado do benestar podemos dalo por morto. O que consigamos posuir será algo moi diferente, moito menos atractivo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora