Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O felo das ideoloxías

viernes, 26 de octubre de 2012
Outros catro anos máis! Cústame traballo crelo, pero aconteceu: nas eleccións autonómicas do pasado 21 de outubro os votantes galegos decidiron outorgarlle a maioría absoluta ao PP, comandado habilmente por Núñez Feijóo. Eu non vou ocultar o meu profundo malestar e a miña aberta xenreira por tal derivación dos acontecementos. Sei que a lei da democracia obrígame a acatar o resultado dos comicios autonómicos galegos, e, polo tanto, asumir que unha maioría decidiu que o goberno da Xunta estea en mans dos mesmos que a ostentaron na lexislatura precedente.

Tendo todo iso en conta, a miña rabia nace de non dar atopado resposta a unha dobre pregunta que dende a noite electoral me desacouga: ¿como é posible que a política que practica o PP en Galicia siga mantendo tantos adeptos? ¿non temos sentimento de país nin albergamos dentro de nós unha defensa da nosa dignidade como pobo? Que acontece nesta terra que non lle importa ser asoballada na súa esencia, que non lle importa que aldraxen a súa cultura, a súa lingua, as súas tradicionais formas de ser e de existir. Algo pasa, que para min resulta inconcibible.

Sería unha redundancia dicir que cada persoa ten a súa propia percepción da realidade, unhas veces porque xa lla venden enlatada e só se molesta en comela directamente e outras, as poucas, porque se preocupa en analizala, en acomodala ao seu pensamento. Porque iso é o fundamental, que todos teñamos capacidade de pensar e non que nos deixemos levar coma se fosemos animais domesticados. Resulta noxento seguir observando como nalgúns sitios desta fermosa terra, aínda seguen carretando á xente aos colexios electorais, despois de terlle posto na man o voto axeitado. Quen é capaz de vender a súa dignidade, o seu dereito libre a exercer o sufraxio universal por nada, ou cando menos, por mentiras? Lamento dicir isto, pero todo aquel que actúa así nin se respecta a si mesmo nin respecta o que debería ser o libre e limpo exercicio da democracia.

E se a todo isto lle engadimos a inxusto e atávico sistema electoral que propicia a Ley D’Hont, que favorece ás formacións políticas de sempre, o mal dilátase, ata eternizarse na conciencia social.

Agora virán outros catro anos de lexislatura, na que as cousas seguirán igual ou, incluso, empeorando, na que seguiremos pagando os de sempre a desfeita que outros fixeron, na que perderemos dereitos sociais, na que a nosa identidade galega terá que loitar contra a interminable cicloxénese erosiva, que de xeito subrepticio tenta desgastar os seus alicerces, co gallo de que esquezamos quen somos. Pois…
Que comece a loita!
Maseda Lozano, Martiño
Maseda Lozano, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES