Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como chinos

jueves, 25 de octubre de 2012
Que os negocios da comunidade china en Galicia van vento en popa parece demostralo a proliferación de locales comerciais, de grandes dimensións e con ofertas ben amplas de todo tipo de productos a precios difíciles de igualar.

Con horarios tan flexibles coma a cambiante duración das horas de luz, coa obsequiosidade propia dos orientais, e unha variedade de existencias prácticamente infinita, os comercios “dos chinos” son moitas veces o último recurso para quen precisa un producto determinado, á hora máis intempestiva.

Sabendo, como sabemos, o control que os correspondentes organismos exercen sobre calquera pequena ou mediana empresa comercial rexentada por emprendedores do país, imaxinabamos que ese mesmo control se seguía coas empresas destes novos conveciños, acrecentada esa atención pola circunstancia de que a maioría dos productos que se venden proceden de máis aló dunhas fronteiras que hai tempo deixaron de selo.

A operación Emperador é o froito de tres anos de investigación, segundo se fixo público, ata chegar á conclusión e reunir probas de que se defraudaron á Facenda miles de millóns de euros porque nun inmenso tráfico comercial boa parte non era declarado e formaba un entramado ilegal onde só uns poucos se beneficiaban, chegando a distorsionar – segundo se dixo oficialmente- a economía española.

Chama a atención que ata agora non se soubese do tema, non se controlase ese e outros entramados comerciais, e poida montarse tal entramado diante mesmo de cámaras e autoridades, nun negocio florecente cando todos os demáis se estancan e languidecen.

Aquí, non sabemos ben por que, cando alguén resultaba enganado falábase de “caeu coma un chino” ou “enganárono como a un chino”. Quizás quixeron devolver a agresión verbal e, neste caso, foron os chinos – un chino e o seu equipo- quen nos enganou durante moito tempo a todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES