Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha guía de alcumes

miércoles, 24 de octubre de 2012
Nos Vilares, este verán, editaron unha guía singular para relacionar axeitadamente a todos os habitantes desta parroquia do concello de Guitiriz, que queda moi preto de Vilalba. Alomenos desde San Xoán de Alba hai unha estrada que deseguida nos leva ao Buríz, e desde alí os Vilares quedan a un paso.

Foi a Asociación de Veciños quen tivo a idea de confeccionar unha guía de teléfonos da parroquia, pero en lugar de figurar nomes e apelidos como é habitual, vai con alcumes, co que en tempos en Vilalba se chamaban “nombretes”, e ás veces “malnombres” cando non eran moi caritativas as denominacións co afectado.

So abarca as lineas fixas e están clasificadas por barrios, dentro dunha publicación denominada “Voceiro”, e aparecen sobrenomes como Manolo do Pollo, Gaiteiro, Gandarelo, Julio da Perica, Sopas, Garolo ou Roucho, nesta que xa resulta ser a segunda edición, xa que a primeira publicouse o ano pasado e este ano é revisada e actualizada.

En Vilalba, en tempos, ben podería funcionar unha guía así. E no seu pregón das fesstas deste ano, o antigo Alcalde, José María García Leira, lembraba que os villalbeses doutrora tiveron un inxenio fabuloso para bautizar a numerosos conveciños con nomes de paxaro, e había a quen se lle chamba “O Chirí”, e “Cuervo”, e “A Paloma” ou os canarios. E aseguraba o pregoeiro que os nomes que levaban aqueles vilalbeses acaíanlles ben aos caracteres de cada un deles polo que se acreditaba que quen puxera os nomes coñecía moi ben os seus conveciños e mesmo sabía de ornitoloxía abondo como para coñecer o comportamento de todos os paxaros.

Non se fala aínda – quen sabe se máis adiante!- de facer unha guía de persoas con sobrenome en Vilalba, que moitos terán xa desaparecido pero quedan descendentes que poderían presumir de tradición e de raiz cos nomes de os seus devanceiros gañaron polo seu ser e comportamentos. Que sería remexer en algo ingrato para os que soportaran nomes crueles, pero para a memoria colectiva de Vilalba sería do maior interese contar con memoria dun feito así, xustificado ás veces porque moitos nomes e apelidos eran correntes e tíñanos numerosas persoas mentras que os alcumes ou sobrenomes eran persoais e intransferibles, a menos que se deixasen aos fillos como moitas veces sucedía. Quen teña memoria, debía confeccionar algo así.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES