Espontáneos na política
Editorial - miércoles, 24 de octubre de 2012
Na recente confrontración electoral galega contenderon ademáis das formacións clásicas, con representación parlamentaria, outras forzas diversas que a priori se sabe non van conseguir máis que unha publicidade fugaz, pero aí están, entorpecendo ou enriquecendo o panorama político.
As forzas clásicas en Galicia son de maior a menor- o Partido Popular, o Partido Socialista, e o Bloque que agora presenta a escisión de Beiras como unha forza importante que conseguiu 9 escanos no Pazo do Hórreo.
Pero aparte destas forzas, inasequibles ao desalento, hai moitas outras, conservadoras ou de esquerdas, veteranas ou recentes, que fan máis complexa a oferta, sen que esta complexidade se traduza nun maior reparto de escanos, que os galegos visto está somos tradicionais á hora de formular os nosos votos.
As forzas xa chamadas tradicionais levan moito tempo coa súa oferta e o seu traballo, sendo ben difícil que sexan arredadas por novas formacións que xorden por unha iniciativa persoal ou determinada tendencia que non conseguíu aínda un arraigo que desperte a nosa atención e interese.
Temos así dunha banda uns profesionais da política as forzas e os que as controlan- e os espontáneos da política que aspiran tamén á profesionalidade- aos que lles falta tempo, persistencia, universalidade, convicción. E non sería malo que algunha forza máis callase para darlle variedade á oferta e amplitude ao abano das propostas. Pero parece que para eso aínda falta moito tempo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora