Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Oportunidade

martes, 23 de octubre de 2012
Nas campañas electorais – temos unha ben recente- interveñen os protagonistas ou candidatos que figuran nas listas electorais, adoitando os grupos políticos facer intervir vellas glorias da súa militancia por entender que coñecen o tema e poden conmover aos militantes e electores.

E os partidos de ámbito nacional mesmo poden aportas antigos gobernantes con carisma que poden animar calquera xuntanza electoral.

O PSOE, nesta ocasión, contou en Ourense coa participación do controvertido e sempre noticia Alfonso Guerra ao que non se lle ocorreu mellor afirmación –precisamente en Galicia- que indicar que a súa forza política é incompatible co nacionalismo á hora de gobernar.

Mencionar esto en Ourense onde a capital está gobernada por un conxunción de socialistas e nacionalistas, como ocorre en Lugo, en Vigo ou en Pontevedra, parece unha provocación, e por eso altos cargos do Partido apresuráronse a dicir o contrario, non fose a ser que os socios de goberno tomasen a mal esta boutade do lider da palabra fácil.

Ten que ser difícil para socialistas e nacionalistas facer campaña por separado, mantendo cadanseu programa, sabendo que se todo fose como se pretendía, terían que aliarse, facer un programa único e convivir – cohabitar- esquecendo individualidades e aproveitando sinerxias políticas que só desde aquí, e desde os respectivos gobernos, se poden apreciar con nitidez.

Están ben os apoios que os líderes polítios presten ás campañas electorais. Son como agasallos aos candidatos nos lugares polos que aspiran a representar. Pero algúns agasallos poden resultar envenenados. Á vista está.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES