Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O asubío dun poema

lunes, 22 de octubre de 2012
Penso na claridade da néboa e vexo o trebello dun verso escrito cun lazo, cun cadorno de xeo.

A espiga dunha herba seca arde, devece ante o raio de sol que saíu, de súpeto, do carreiro dunha nube que atravesaba, veloz, o ceo. O silencio que discorre por entre as toxeiras de Barricobos acocha ante o canto, o piar dunha merla dende o seu niño.

O verso deslízase pola páxina en branco e a tinta de cor negra seca ante o lapso dunha mente que se apaga.

Xa sabemos que o asubío dun poema fai bailar ós parágrafos dunha novela. O escritor rubrica sobre a folla seca do amieiro, garda o bolígrafo e acouga sentado no outeiro dos soños da infancia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES