Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xesús sae ó noso encontro todos os días

viernes, 08 de abril de 2005
Despois dunha longa e intensa semana ó redor da pascua (morte/resurrección) de Xoán Paulo II, invítoos a dedicar algún tempo a unha repousada reflexión. Coma no episodio dos de Emaús repasemos os acontecementos. Tamén nosoutros nos atopamos co Señor Resucitado e somos quen de botar fóra frustracións, medos e desencantos. O Señor, cando se escoita, segue a sorprendernos.

O Papa morreu, pero a Igrexa segue. Segue viva e presente na sociedade/mundo. Fagamos un necesario e tamén respectuoso silencio. Alomenos, por uns días. No barullo e emocións desmedidas escurécese a visión e a obxectividade. Apoiemos coa nosa oración ós cardeais electores para que sempre e durante esta semana sexan fieis ó Señor e se deixen iluminar polo seu Espírito para que na seguinte, a do Conclave, acerten na elección do novo Papa que a Igrexa e a Humanidade precisan, hoxe en día. Xesús está connosco. "Ata a fin dos tempos", como nos garante El mesmo. Cómpre fidelidade consciente e responsable.

Coma daquela, tamén hoxe, moitos discípulos de Xesús están a se afastar da Comunidade (Igrexa) dando volta cara as falsas seguridades, desanimados pola aparente ausencia de Deus, desarmados da esperanza que crían segura e baleirados da enerxía que produce a presencia do Señor Resucitado. Para algúns contemporáneos nosos, ata hai pouco membros activos nas comunidades e cidadáns comprometidos coa sociedade, fíxoselles noite nas súas vidas ó se derrubaren as ilusións e aspiracións debido á complexa rede de motivacións e ambientes culturais, sociais e políticos que non son quen de marcar e subliñar camiños de vida/salvación. A fe e a esperanza que os alimentaba, esmorece.

Fronte á cultura que quere facer de Xesús un personaxe mítico, un pantasma resucitado na mente dalgúns discípulos, un revolucionario social....é preciso ser conscientes e dar fe do Xesús Salvador, facéndoo presente na nosa vida e na da sociedade, sabendo que El comparte "penas e dores, gozos e esperanzas" nesta sociedade desnortada e infeliz. Iso ten de ser vivido e experimentado nas nosas propias vidas e reflectido despois de coller forzas na Eucaristía, onde escoitamos ó Señor (Palabra) e compartimos Pan (Eucaristía). Así o descubriron os dous de Emaús e volveron á Comunidade a comunicárllelo ós irmáns. E, ó mundo.

Quédate connosco, Señor, que a noite do medo/desánimo está a encher o mundo e fannos falla arrobas de fe e de esperanza para mudalo nun de irmáns/ás.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES