Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reducción de desastres naturales

viernes, 19 de octubre de 2012
DÍA INTERNACIONAL PARA A REDUCCIÓN DE DESASTRES NATURAIS (13-10-12)

Un desastre natural é unha desgraza grande, un suceso infeliz e lamentable. É tal a importancia destes sucesos que as Nacións Unidas declararon este día como “Día Internacional” para que tódolos países membros tomen as medidas necesarias.

Este ano, a Uned Senior de Xestoso tamén toma conciencia e quere deixar constancia dun feito de consecuencias moi dolorosas para toda a nosa comarca: “O INCENDIO PRODUCIDO NAS FRAGAS DO EUME”.

A Uned Senior de Xestoso ten a súa sé no concello de Monfero (A Coruña) e o seu alumnado pertence ós concellos de Paderne, Irixoa, Aranga, na provincia de A Coruña e os de Xermande e Guitiriz, na provincia de Lugo.
A todos nos afectou de forma moi directa, directísima, o desastre producido polo lume nas, mundialmente coñecidas: “FRAGAS DO EUME”.

As Fragas do Eume estaban formadas por un bocadiño de paraíso regado e aloumiñado polas augas cristalinas do río Eume e un microclima especial: que albergaba especies únicas tanto de fauna como de flora que os nosos ascendentes conservaron con mimo e esmero desde tempos inmemoriables.

Pero… un desafortundo día, nun desafortunado instante…¡Todo convertido en cinsa! ¡Quen nolo diría!

Xa pasou algún tempo, pero a nós seguiranos doendo a alma por moito tempo, quizais por anos de vida…¡Quen sabe!
¡Quen sabe se tamén ás xeracións futuras!

Algunhas especies únicas, desaparecerán para sempre, outras tardarán en repoñerse…

Un desastre así nunca debera producirse. Nunca nos cansaremos de decir que a naturaza é a casa de todos, é a mesma vida, é a nosa esencia, é o noso propio ser…

A maioría dos incendios poderían evitarse según din fontes ben informadas porque son intencionados en moitos casos.

Cando alguén ten intención de facer algo é porque ten “as súas razóns” para facelo.

Pero ¿É razoable prender lume á nai Natureza que nos acolle co tanto agarimo no seu seo?

Desde aquí facemos un chamamento a tódalas conciencias para que nunca máis volvan a repetirse feitos desta índole.

Tanto se se trata dun feito fortuito como provocado, saímos todos perxudicados, incluidos o autor/a ou autores dos feitos, no caso de habelos. Os danos ocasionados non teñen prezo

Para o Alumnado da Uned Senior de Xestoso, non hai razón que xustifique tal acción.

Cómpre concienciar unha vez más á sociedade:

-Á famila en primeiro lugar.
-Ós centros educativos que insistan sen descanso no respeto á naturaza como niaciña á que hai que mimar.
-Ós excursionistas para que extremen as precaucións cando se dispoñan a disfrutar dun día de barbacoa ó aire libre.
-Ós fumadores e fumadoras para que nunca se lles ocorra tirar cabichas pola xaneliña do coche, nin baleirar o cinseiro no campo sen antes cercirarse ben de que todo está apagado.
-Ós labradores, ós madeiristas, ós limpadores de montes e de xardíns en xeral; á hora de queirmar restos agrícolas.
-Ós conductores de automóbiles, á hora de aparcar o coche en días de moita calor en lugares de risco.
-A toda a pobación en xeral.
Ademais convén ter en conta que nas nosas propias vivendas podemos estár expostos a calquera desastre que podemos evitaren certa medida:
-Se a instalación eléctrica da nosa casa é moi antiga existe maior posibilidade de que se produza un cortocircuito en calquera momento ocasionado desgrazas materiais no mellor dos casos.
-Se as tuberías da auga son de chumbo poden ocasionarnos enfermedades graves ó bebe-la auga que circula por elas.
-Se non usamos o pasa-mans das escaleiras ou se carece del, existe a posibilidade de dar un paso en falso e sufrir graves danos ou mesmo perder a vida.
-Se nos esquecemos de cerrrar a chave do gas, pode producirse unha explosión á hora de encender o próximo misto.
-E un longo etc.

Desde a Uned Senior de Xestoso, unimos os nosos esforzos para que se eviten todo tipo de desastres, a fin de conservar nas mellores condicións posibles o que tanto esforzo e tempo levou conseguir a toda a Humanidade ata o día de hoxe.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES