Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O rapto de Europa

viernes, 19 de octubre de 2012
Que os premios Nobel teñen a súa política interna, como todos os premios, a ninguén debe extrañar. E cada ano, coa súa concesión, fálase de cuotas por países, por castas, por política. Pero o premio Nobel da Paz debera manterse alonxado de todas estas loitas intestinas e silenciosas, aínda que o comité organizador tivera a humorada de concederllo ao Presidente Obama no decurso da súa presidencia e antes de ter oportunidade de merecelo.

E agora, agora mesmo, ven de obter este premio a Unión Europea. A concesión é ao conxunto, pero sabido é que cando se distingue un todo tamén son distinguidas todas as súas partes, co que poden presumir de premio España e calquera das súas comunidades autónomas, Galicia polo tanto, e as institucións políticas europeas, e – suponse- mesmo as súas institucións económicas.

Gaña o premio nobel da Paz Alemania poñendo trabas a unha Unión verdadeira, e Holanda opoñéndose á taxa da nosa outrora competitiva construcción naval, e a Inglaterra que vela armas na defensa da súa propia moeda; a Grecia que se desangra en folgas e conflictos, as sobrias nacións do norte tan austeras e aforradoras. Gaña o Nobel a esforzada España que cambia a Constitución para tranquilidade dos seus compañeiros de viaxe, e Cataluña que quere camiñar cara Oriente só por separarse da Península, e a austera Galicia que paga as súas débedas mentras soña coa emigración á Europa da riqueza.

Fora de Europa non hai nada, di o Presidente Rajoy. Só Europa existe, como acaba de acreditarse ao obter o premio que se consideraba o máis importante do mundo. Se non fose porque somos Europa, habería que pensar que aquel vello mito do Rapto de Europa se ía producir (de novo) neste tempo convulso, se atendemos aos signos que a actualidade nos vai propiciando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES