Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Proba de resistencia

jueves, 18 de octubre de 2012
Os que padecen enfermidades nas que o corazón ten o principal papel experimentan diversas probas de resistencia para comprobar ata que punto esa vital víscera pode soportar os aconteceres de cada día.

Pois tamén se someten a probas de resistencia as persoas e as comunidades polos aconteceres de cada día para ver como é posible que sigan en activo, combativas, despois dos avatares que sofren a cotío.

Simplemente vendo titulares e novas nos medios informativos, vemos as probas de resistencia á que somos sometidos, individual ou colectivamente, os galegos que vivimos este comezo do difícil século XXI.

Se atendemos á evolución do noso conxunto, resulta que temos a máis alta taxa de mortalidade de España, compartida cos asturianos, e segundo o Ine este ano imos sufrir a maior caída poblacional dos últimos tempos. Por outra parte, hai estatísticas feitas pola Universidade de Santiago de que arredor do oitenta por cento dos mozos galegos vive do que gañan os seus pais. E en canto á economía do país, o Consejo General do Poder Judicial rexistra más de tres mil desahucios no primeiro semestre do presente ano, e Cáritas advirte de que os seus recursos xa chegaron ao límite, á vez que sabemos que sesenta mil galegos sobreviven a diario gracias aos Bancos de Alimentos que viron incrementadas as peticións nos últimos entre o cincuenta e o cen por cento.

E sen embargo, aparentemente, resistimos. Soportamos colectivamente estas probas de resistencia e vivimos con ardoroso entusiasmo as festas de gardar, imos de vacacións, camiñamos as rutas dos viños... como se non pasase nada. Pero en algún momento as probas de resistencia hannos dicir que “non vai máis”, que non é posible seguir resistindo como colectivo o que xa non se soporta individualmente.

E sen embargo ninguén parece estar preparando un plan B para cando cando esta vida, o noso colectivo Plan A, non dea máis de si.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES