Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Veraneo de tapas

miércoles, 17 de octubre de 2012
En Miño o veraneo é perfecto, polo pobo, pola praia – especialmente pola praia-, polo clima, mesmo pola veteranía que me dan os casi corenta veráns alí pasados. Síntome, verdadeiramente, na casa.

Pero afeitos á hostelería lucense, a cousa cambia. En Lugo o tema das tapas, que a min me ten conquistado, desbordouse en cantidade e calidade e agora afortunadamente ninguén ten interese en contelo. En Miño hai locales que coidan facerche un gran favor cun platiño de patacas fritas de bolsa ou de aceitunas de bote.

Ben que sei que peor aínda é na Coruña capital onde cobran as tapas a precio de ouro e non parecen pertencer ao mesmo país ca nós, pero eu agardaba que nos tempos difíciles que vivimos os establecementos tomasen boa nota da necesidade de conquistar clientes difíciles por natureza –os numerosos lucenses que veraneamos en Miño somos así- por estar “mal” acostumbrados.

Xa me cansei de darlle unha oportunidade anual a determinados bares miñenses por se melloraron o seu trato aos clientes, e agora xa vou a tiro fixo polas patacas e as cortezas (e os xantares) debaixo da parra do Quintás, as aceitunas con vistas ao mar do fillo do Lito do Cancelo, ou as magníficas tapas do Bar do Puerto, que abreu este ano. O dono deste último, que non é de Miño, ofrece unhas tapas modelo betanceiro que fan que na terra de cegos un se sinta un rei.

En fin que, o veraneo en Miño, moi ben. Pero aínda podía ser moito mellor. As tapiñas polo que valen. E eu son moi lambón.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania