Rematar a A8
Editorial - miércoles, 17 de octubre de 2012
Nos presupostos xerais do Estado para o próximo 2013 está prevista unha dotación de case setenta millóns de euros que permitirán o remate da autovía A8, esencial paara conectar o norte da provincia de Lugo o norte de Galicia- co oeste e o centro coa unión desta coa A6 e secundariamente coa autoestrada de Ferrol á fronteira con Portugal.
Nuns presupostos aforradores, de contención de todo orzamento, a vontade de rematar dunha vez con esta autovía é do maior interese para a zona norte de Galicia, nun tempo en que este tipo de vías se conservan a súa gratuidade- enlazan de xeito rápido e seguro zonas moi sensibles da nosa xeografía.
Outras vías tamén de grande importancia resultan conxeladas ou retrasadas, merecendo especial mencion as autovías Lugo-Ourense e Lugo-Santiago, que verán aletargado o seu proceso alomenos durante o ano próximo.
O remate da A8 vaise producir completando dous tramos problemáticos preto de Mondoñedo, zona necesitada de grandes movementos de terras ou construcción de pontes que foi lastrando o proceso dunha autovía que ten en funcionamento a inmensa maioría do seu trazado.
Que se complete esta vía é un auténtico servizo para o centro da provincia de Lugo, a Comarca da Terra Chá, e zona da costa lucense e as comunidades inmediatas, especialmente Asturias. Datar o remate das obras para o ano próximo e unha boa noticia para Galicia.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora