Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sr. Wert !

Cardalda, Theo - miércoles, 17 de octubre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
 
Que outra cousa pode ser?. Un goberno que sementa o descoñecemento cun ministro de educación Sr. Wert que cada vez que abre a boca solta barbaridades que feden moi mal e esváralle caspa retrógrada por todos os seus poros. Un elefante nunha cacharreira e por riba fai moito ruído coas súas declaracións que nos remonta a tempos pasados e escuros: “....vamos a españolizar Cataluña...” e considera que non é necesario saber de revolucións e totalitarismos, por iso a Plataforma “Soy Pública” denuncia esta reforma da LOE que deixará aos alumnos de Ciencias sen coñecer a Historia Contemporánea e por iso os estudantes chaman á folga esta semana. Quen non coñece a súa historia, está condenado a repetila.

Catro mil millóns de euros. Esa é a cantidade que o Goberno Rajoy recortou en educación pública desde que gañou as eleccións, incentivando a educación privada a colexios de elite que todos coñecemos, relixiosos, e setas etc.

Isto é o que queren as forzas invisibles e o noso querido goberno, intentado acadar unha educación mercantilista e utilitarista, convertendo a profesores e alumnos en pura mercancía. É moi grave o que está a pasar, vai conseguir que as futuras xeracións sexan máis manipulables.

Se o ministro non quere historia, lla vou contar un anaco moi parecida a de hoxe que vólvese a repetir: Na inauguración dun instituto en Lebrija polo ditador Franco en maio de 1946, no seu discurso falaba: ...”los dialectos pugnaban contra la unidad de lenguaje que supo ver y concebir el gran imperio español......”....detrás de nuestras armas, con nuestra unidad, van nuestras escuelas. “....detrás de esas armas y de la espada abramos el surco fecundo de las inteligencias....” Estas palabras de entón ás de hoxe do Sr. Wert, soamente as diferencia o contexto e o tempo. Ao final rematará impoñendo aquela materia chamada "Formación del Espíritu Nacional".
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES