Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Euskera e Galego

jueves, 07 de abril de 2005
Cumpriuse por fin o previsto, e o goberno vasco ven de despedir 157 profesores do ensino público por non dominar o idioma euskera.

Os afectados revolven Roma con Santiago, péchanse como protesta, pero non aprenden o idioma.

Euzkadi é unha comunidade que, aparte tódolos demáis factores inherentes, ten un idioma propio que hai poucos anos dominaban un escaso 17% dos habitantes o que, seguro, motiva unha loita constante para o seu afianzamento como sinal de identidade e como herdanza dos devanceiros ademáis de signo de cultura.

Para que un idoma se asente, máis cando é o propio, todos deben arrima-lo ombreiro, pero de xeito especial tódolos servidores públicos e, dentro destes, os ensinantes.

Non vale o argumento de que en outros aspectos se tivese "manga ancha", e se integrase no colectivo de ensinantes todo tipo de persoal das ikastolas. Do que agora se trata é de que os ensinantes vascos, sexa cal fose a materia que explican, dominen o idioma que lles ten que ser propio.

Nós, os galegos, que en temas de diferenciación tomamos as cousas máis á lixeira, temos perfectamente asumido que os servidores públicos teñen que dominar o idioma. Que o practiquen cos administrados, xa é outro cantar.

Nós, os galegos, temos perfectamente asumido que os ensinantes desta Comunidade deben coñecer o galego aínda que sexa ese galego "de granxa" que algunha clase política e algúns medios informativos difunden.

Nós os galegos entendemos perfectamente que o goberno vasco despida a 157 profesores por negarse a aprende-lo seu idioma, xa que aquí para consolidar calquera posto de traballo no emprego oficial hai que demostrar dominio do galego.

Certo é que os galegos castelán falantes, por inmersión, teñen máis doada a aprendizaxe dun idioma que domina a práctica totalidade dos residentes en Galicia. Pero aínda que en Euskadi o teñan máis difícil, quen queira participar na formación das xeracións futuras ten que intentar -e conseguir- falarlles no idioma propio.

Cabe supor que os vascos terán o seu teórico neste campo. Aquí, hai máis de dous séculos, xa o P. Sarmiento abogaba porque non houbese ningún funcionario público en Galicia que non falase en bo galego. Que se apliquen o conto os ensinantes (vascos).
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES