Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A voltas coas autonomías

martes, 16 de octubre de 2012
En canto falla a firme base sobre a que nos sostemos, notamos que nos fallan outras forzas ou potencias que coidabamos firmes e permanentes. En canto nos fallou a base da satisfacción económica, das necesidades satisfeitas, de continuo crecemento, notamos que todo o demais oscila, se debilita ou desaparece.

Fallan os temas económicos, e o noso entramado social trema como un castelo de naipes, e poñemos en cuestión todo o entramado constitucional e institucional, e dubidamos da monarquía, e cuestionamos as autonomías.

Nos estudos periódicos que o C.I.S. fai sobre as máis diversas materias de actualidade, ocorréuselles preguntar pola opinión que os cidadáns teñen en relación co tema das autonomías. E o resultado dista moito de ser satisfactorio despois de máis de tres décadas de experiencia.

O corenta por cento dos enquisados, extrapolable a todo o Estado, entende que se debe revertir o proceso autonómico, modificando autonomías, diminuindo o nivel das competencias autonómicas, ou mesmo suprimindo comunidades. O trinta por cento, sen embargo, estima que non debe haber modificación da situación actual. En síntese, arredor da cuarta parte dos españois entende que debe haber un único Goberno central sen autonomías, tendo aumentado este porcentaxe dous puntos e medio nos últimos dous meses.

Certo é que algunhas autonomías, ou algúns gobernos de algunhas autonomías, non deron bos exemplos á hora de poder valorar as vantaxes do sistema, e que nalgúns territorio do Estado non se está facendo demasiado por manter relacións axeitadas entre as autonomías e entre estas co poder central. Pero a estas alturas da viaxe na que colectivamente estamos inmersos, volver a vista a trás pode ter o mesmo perigo que o que sufríu a muller de Loth en tempos bíblicos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES