Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

María Castaña, unha necesidade

viernes, 12 de octubre de 2012
O outro día deixei o meu artigo sobre a Lenda da campá de Huesca un pouco colgada do fío. Quero hoxe darlle unha puntada máis aínda que só sexa, e vostedes perdoen, para levar a auga ao meu muíño. Trátase dunha pequena variante na trasmisión literaria, mesmo documental, do que parece ter sido un acontecemento histórico. Segundo esta versión, o mestre do rei Ramiro II únicamente lle dixo a Su Majestad que, para acabar con tada aquela revolta ou insubordinación dos xefeciños territorias da súa xurisdición, construise unha campá que fose tal, que o seu son se ouvise en todo o seu reino. Daquela, o rei, que ao que semella, non era tonto de todo, pensou de facer unha que fose ben sonada, e non se lle ocurriu otra cousa que facer unha campá coas cabezas rebanadas daqueles emerxentes ou pretendientes a aprendices de caudilliños. Evidentemente a cousa foi sonada, nunca mellor dito.

É ben certo que hai feitos individuais, que superan en magnificencia acústica a toda unha multitude de 90.000 gorxas berrando “independecia”, poño por caso, nas senyeras bancadas dun Camp Nou de diario ou de domingo: tal foi o caso daquela fundición de músculo e cabelos, levada a cabo entre a Costa Brava e os pirineos oscenses aló polo ano “escuro” de 1134.

Así eran os modos políticos naquel tempo e desde a autoridad, desde arriba, e deixémolo conto aí e sen outras consideracións de maior fuste académico e mellor vistas arestora, e co precavido aceno para a circunstancia actual de que a democracia sen lei só é populismo e en último termo o medo sempre garda a viña ou pode levar a que as pasións e a regueifa vaian deixando sitio á conversa e o acordo obviamente cordial ou tenso.

Vexamos agora tamén cómo se procedía naquelas épocas en semellantes casos, pero desde abaixo, desde a base que se di. Foi, entón, aló polo século catorce e aquí en Lugo. Naquel tempo era dono desta cidade o bispo señor feudal Don Pedro López de Aguiar, quen tiña como mordomo a un tal Francisco Fernández. Noutras rexións na Europa do tempo xa naceran os comúns e “concellos” contra o abuso das señorías feudais, pero por aquí o réxime abusivo estaba aínda no seu cumio, e moito máis nesta nosa cidade episcopal que o sería ate moito máis tarde. O pobo, grande parte do pobo, tiña que aturar, si ou si, a autoridade unipersonal, despótica, ás veces ilustrada, faltaría máis, os trabucos, os “manes” e desmanes dos bispos señores. O caso é que pouco a pouco foise quentando a xente e aconteceu unha revolta, da que se puxo ao fronte unha tal María Castaña. Ela mais seu home e seus cuñados entraron na catedral co ánimo de esnafrar literalmente o bispo. Non o atoparon por ningures. A quen si atoparon no seu lugar foi seu mordomo, ao que lle ceibaron unhas coitelas de coidado entre o peito e a res, deixando totalmente esmendrellado no sitio.

Nun e noutro caso – no da campá de Huesca e no de María Castaña – o protagonista é o mesmo e o fío conductor tamén: o poder ou se ten ou se pretende ou se abusa del. Cando as cousas se converten en preguiza ou en despotismo ou en coartada cobarde casi nunca se perde o tempo recordando os heroes e heroínas do pasado. Non por nada.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES