Misterio ou pesadelo
Cardalda, Theo - jueves, 11 de octubre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
O escritor Laurence J. Peter comentaba algo así como :En una jerarquía, todo empleado tiende a ascender hasta su nivel de incompetencia: la nata sube hasta cortarse. Cita que garda relación con esta opinión.
A revista The Economist facía estes días uns comentarios que son preocupantes, xa un estaba pesimista ante as medidas tomadas por este goberno que agora son máis preocupantes. A revista advertía que o misterioso Rajoy pode levar a España a unha espiral de morte, aconsellaba ao presidente abandonar o modo que tiña Franco de dividir os problemas: los que resolvería el tiempo y los que ni siquiera el tiempo puede resolver. Non é que esta revista sexa revolucionaria, senón que máis ben é de filosofía liberal, tanto no económico como no referente ao político,partidaria do libre comercio e a propiedade privada, por iso con máis preocupación temos que tomar esta andaina de tolemia que nos leva este goberno.
Rajoy xa non é un misterio. Rajoy ven sendo un pesadelo que representa á dereita máis retrógrada, esa España que describía Machado de la peineta, la cañí, la del rosario y procesiones y una grande y libre.En fin, esa dereita que non remata de ollar máis aló das súa propias napias. De verdade, o do Sr. Presidente coa súa tropa ministerial asemellan a un esperpento. Soamente faltaba as fotos noThe Economist a Sra.Cospedal e a Soraya no Vaticano con peitas, e mantillas. Para mexar e non botar gota.
Por iso as eleccións galegas son a clave de que isto siga ou non polo mesmo camiño de saqueo e espiral de morte. Non encanto, o abrallante que moitos de aquí aínda no o viron......pois seguen vendo hilillos de plastilina.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora