Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Axuda financeira

jueves, 11 de octubre de 2012
Agora que andamos liquidando os créditos cando podemos, agora que fuximos dos bancos como da peste, agora que entendemos que deber xa non é o que era, anda o goberno mareando a perdiz de se pide ou non un rescate, se pide un crédito que saque ao país dos problemas dunha débeda inmensa que medra sen parar, se esa solución será tal ou un novo problema que afecte á nosa independencia futura.

De ternos dito que un rescate sería mortal para o noso futuro, ao tempo presente dun rescate case imprescindible, foron coducindo as nosas opinións ata acomodarnos a un sin vivir que o goberno aínda non ten dilucidado. Agardando por un rescate que –conformados xa coa súa necesidade- non sabemos se se vai producir.

Non se trata, polo que se ve, dunha pura operación de crédito, aínda que nola vendan coma eso. Non se debe tratar como un auténtico rescate, porque entón deberíamos saber máis a que nos enfrontamos. Non se trata de nada coñecido, porque saberíamos a que aternos. É o descoñecido, supeditarno aos dictados das dúas ducias de economías dos nosos socios, nos que nin todos están de acordo no rescate nin nas condicións que nos van impoñer.

En fin, que se trata dunha axuda que é un crédito á vez que unha proba, unha prisión condicional, unha situación de transito; un purgatorio polo que teñen que pasar as economías con problemas. E nós, no medio, case se enterarnos, porque ninguén quere que nos enteremos axeitadamente da que nos ven encima.

Pero, ¿vai haber rescate?. Non se sabe. O goberno vaino solicitar ?. volutariamente ou forzado? (no caso de que o pida), pois tampouco se sabe. E malo ou é peor pedilo?. Tamén se presta a división de opinións.

En tanto, o Goberno segue a desfollar a margarida. E nós no limbo, temendo que non pedilo sea malo, pero ter que solicitalo sexa moito peor.

En canto pase o vinteun de outubro, teremos conciencia do que vale un rescate.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES