Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Garda Civil

martes, 05 de abril de 2005
¡Que lonxe aqueles tempos nos que a Garda Civil estaba formada por un conxunto de homes, especialmente de extracción rural, que impoñían medo máis ca respecto coa súa presencia!.

Lonxe aquelas patrullas rurais, parellas de verde no verde inmenso de Galicia, imaxes anacrónicas no tempo, poder absoluto, alleos totalmente á súa orixe e ós seus destinos.

Hoxe, a Garda Civil, para todos nós, é un corpo de prestixio, mixto, formado, acorde cos tempos, que aínda espera unha revolución ou renovación profunda na súa organización, na súa estructura.

A garda civil, estructura militar, vive -ó seu pesar; a pesar da súa cúpula- tempos novos. Tempos nos que se está a organizar unha peregrinación do Corpo á súa patrona, a Virxe do Pilar, en Zaragoza, ó remate da que pensan entregar ós seus mandos un escrito con reivindicacións e posturas para que sexan estudiadas por quen corresponda.

A peregrinación -perfecta fórmula para concentrarse sen problemas- está sendo vista por algún especialista da Garda civil como "reunión ilegal delictiva", á vez que unha reunión de armas, xa que a peregrinación é de uniforme, e o uniforme require levar un arma, podendo chegar a ser considerado un "delicto de rebelión militar".

Todos tiñamos a idea de que a Garda Civil precisaba colectivamente a renovación que de xeito individual viven os seus membros. Pero se fixese falla algún argumento, a sóa publicación desta estimación por parte da "superioridade" evidenciaría que algo moi básico falla nesa organización, que compre dunha vez por todas solucionar.

A Benemérita institución fundada polo Duque de Ahumada hai un par de séculos precisa renovación. Válennos os gardas e as gardas civís; válennos as súas funcións e o seu traballo; válenos o seu espíritu... Só fai falla que os que os mandan, e o espíritu que os anime, sexan acordes con este País e este século.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania