Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Liberados sindicais

miércoles, 10 de octubre de 2012
Poñanos que ninguén considera que os problemas dos excesos das administracións consisten en ter aberto a man co tema dos delegados sindicais. Pero tamén.

Porque vivimos un longo tempo considerando que as administracións tiñan a posibilidade de multiplicar os seus recursos, amplar as súas nóminas de xeito ilimitado, crear novas institucións máis áxiles e gastadoras, ampliar as instalacións e medios sen previos estudios de viabilidade. E eso acabouse.

Agora hai que recortar porque o crecemento foi desmesurado, e hai que aquilatar necesidades e realidades para axeitarse ás posibilidades existentes.

Querendo ser xenerosas cos que traballan na defensa dos intereses dos traballadores, as administracións liberaron a numerosas persoas para que se dedicasen a tempo completo a eses labores. Esquecendo que cando mellor funcionaron os sindicatos – como ocorre moitas veces- foi na clandestinidad ou nos primeiros tempos da democracia, oficializáronos, funcionalizáronos. E agora é o momento de dar marcha atrás nun proceso que parecía imparable.

Neste comezo de outubro, máis dun cento de liberados sindicais da Xunta de Galicia volven aos seus postos de traballo. Terán un tempo da súa xornada laboral para dedicar a actividades sindicais, pero non a exclusividade que ata agora disfrutaron.

Posiblemente non sexa malo para as actividades sindicais esta nova situación. Será máis realista, para a marcha da economía. Máis igualitaria, en canto ao conxunto dos traballadores. E máis xusta, pola posibilidade de que volva o tempo en que a defensa dos traballadores tiña un esencial componente vocacional, de entrega e de loita.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES