Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lugo outonea co San Froilán

miércoles, 10 de octubre de 2012
Lugo outonea co San Froilán e os nosos soños transitan noites acesas de luz nas leiras do corazón. Volta o San Froilán e con el entra en festa outro equinoccio. No San Froilán únese a nosa identidade máis fonda, quen sabe se a máis colectiva, a máis ampla, a máis doce, esa que debe doer cando un se atopa o catro de outubro fora do seu berce, da Matria que o viu medrar.

Lugo outonea co San Froilán e os nosos soños de insomnio ceibe e colectivo comezan a transitar pola rúa Aguirre, a rúa Nova ou Clérigos pedindo a berros unha chuvia de ledicia que regue os corazóns que pouco a pouco senten o cansazo desta loita eterna contra vampiros sen rostro. Mais por uns días imos esquecer, imos rir e imos transitar pedra a pedra para cruzarnos con vellas lembranzas sedentas de apertas. Porque o San Froilán é atopar aos vellos amigos e cantar con eles a ledicia de seguir loitando a vida.

Lugo outonea co San Froilán e todo se volta amor, toda a vida está nunha rúa soñadora que non necesita topenear para encherse de vida. Feirantes, tratantes, xente de aquí e acolá, todos collen nun Lugo que se volta Galicia enteira e renega de todo aquilo que feda a desolación.

Lugo outonea co San Froilán e nós imos con el a soñar outra volta a utopía doutra vida na Terra na que queremos ser e vivir, construíndo o porvir entre primaveras de luz e outonos que nos traian nesta festa o froito das sementes traballadas.

Lugo outonea co San Froilán e a ilusión de verte fai máis doces as miñas horas nocturnas de rúas acesas no amor á Terra.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania