Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caixas

lunes, 04 de abril de 2005
Para o usuario, Bancos e Caixas de Aforros non se distinguen entre sí de forma especial, porque non son entendidos máis ca como entidades que venden e mercan diñeiro, posibilitando con ese tráfico o acceso a niveles máis altos de benestar pola adquisición de bens que doutro xeito sería moi difícil conseguir.

Houbo tempos en que - segundo os entendidos na materia - era negocio obter cretos nas Caixas de Aforro para logo depositar nos bancos, beneficiándose así dos altos rendimentos dos depósitos bancarios e das especiais condicións crediticias de entidades benéficas como se supón que son as caixas.

Pero estas entidades non se libran da frebe política que nos invade, e non hai moito que algún banco sufríu os envites económicos-políticos dun gran empresario, e as Caixas de aforro contan entre os seus directivos con representantes das institucións oficiais ou, o que é o mesmo, con políticos en exercicio que inflúen deste xeito na marcha das entidades.

Poucas trabas teñen as caixas na súa executoria, e non demasiada transparencia. As eleccións para os cargos rectores son moi sui xéneris, entre os depositantes e nunca con demasiada publicidade, e non hai un mecanismo que as faga máis abertas para que todos poidamos acceder ó corazón do seu entramado.

Ate agora, porque a C.N.M.V. (Comisión Nacional do Mercado de Valores) pretende introducirse nas partes máis superficiais do seu entramado económico, e vai esixir que as Caixas fagan público algo máis ca os seus resultados de negocio, que só chaman a atención cando mencionan as gañancias obtidas, libres ou non de impostos, que supoñen sempre un tanto por cento máis ca as do ano anterior.

Agora, a C.N.M.V. vai esixir ás Caixas que fagan públicos os cretos concedidos a tódolos grupos políticos, e o estado de pago destos. E, ademáis - o que é máis sensible aínda - os cretos concedidos ós seus conselleiros, eses que -por principio- non deberan ter relacións dese tipo con estas entidades.

En fin: Por algo se empeza. Abran contas, e deixen ver algo das súas interioridades. Pouco.

Porque tampouco hai que pensar que esto vai ser unha revolución. A fin de contas, a C.N.M.V. é un organismo formado por persoas, sobre as que tamén inflúen os ventos políticos dominantes. Non esperen, pois, nada especial neste tema, pero algo é algo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES