Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que Linde non teña razón!

martes, 09 de octubre de 2012
Eso agardamos, que o gobernador do Banco de España non teña razón cando lle chama a atención ao goberno por pretender subir as pensións en España en base ao Ipc do próximo mes de novembro.

Porque o Goberno de España pretende tomar como base ese Ipc para aumentar as pensións dos xubilados, tanto para cumprir promesas efectuadas de non tocar as pensións á baixa e se é posible contribuir a alzalas modestamente, como porque estas pensións en boa parte son mínimas a pesar de que supoñan en total a maior carga que soportan os presupostos xerais do Estado.

Advirte o gobernador do Banco de España que subir as pensións do xeito que se pretende poñería en perigo o equilibrio presupostario porque non se cumpriría o equilibro que para 2013 se pretende, despois de ter que conseguir non superar o desfase do 6,2% para o presente ano.

Que o gobernador do Banco de España veña facer este aviso cando todo está no aire ven cumprir a vella fórmula de equilibrio – poli bo, poli malo- para evitar que a situación se desmande e demostrar que o goberno non ten unha gran capacidade manobra cando de tomar decisións económicas se trata, porque a dura realidade vai encargándose de marcar comportamento obrigado.

Contempla Linde que non deben facerse grandes dispendios, alegrías orzamentarias cando se prevé un descenso dos ingresos posibles, sexa a caída destes do 0,5% como supoñen os analistas ou de ata o 1,5% como temen os que contemplan o panorama desde o interior.

Sabendo que estamos nunha crise longa, no peor momento, aínda así, agardamos que Linde non teña razón. Polo ben de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania